Magalhães (sonda espacial)

Sonda espacial estadounidense para o estudo de Venus.

Magalhães[7] (Magellan en inglés) foi unha sonda espacial estadounidense lanzada o 4 de maio de 1989 mediante o transbordador espacial Atlantis na misión STS-30 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara Venus.[1][2][3]

Magalhães
Representación artística da Magallanes en órbita de Venus.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualReentrada na atmosfera de Venus.[1][2][3]
Data de lanzamento4 de maio de 1989, 18:47 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorTransbordador espacial Atlantis[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[1][2]
Duración da misión5,5 anos[1][3]
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[1][2]
Decaemento14 de outubro de 1994[1][3][4]
NSSDC ID1989-033B
Masa1035,0 kg[1]
Dimensións6,4 m de altura, envergadura de 9,2 m cos paneis solares estendidos[1]
Potencia1029,0 vatios[1]

Características editar

Magalhães foi a primeira misión estadounidense adicada ó estudo e cartografado da superficie de Venus mediante radar de apertura sintética (SAR pola súa sigla en inglés). A nave construíuse con partes sobrantes ou recambios doutras naves para aforrar custos, en particular das naves Galileo, Viking, Voyager, Mariner, do Skylab e a Ulysses.[1][2][3]

Os obxectivos principais da Magalhães foron cartografar a superficie venusiana cunha resolución de 1 km, obter un mapa topográfico de 50 km de resolución espacial e 100 m de resolución vertical, cartografar o campo gravitatorio do planeta e estudar a súa xeoloxía.[1][2][3]

O instrumento principal da nave era unha antena parabólica de 3,7 m de diámetro, usada tanto como SAR como para as comunicacións coa Terra. A altura total da nave era de 6,4 m, cunha envergadura de 9,2 m cos paneis solares estendidos. Baixo a antena atopábase unha sección rectangular coa electrónica da nave, os volantes de inercia e as baterías. Baixo esta sección atopábase un segmento decahédrico que soportaba os paneis solares, o buscador estelar, a antena de media ganancia, a computadora de a bordo e dúas gravadoras de cinta. Por último atopábase o módulo de propulsión.[1][2][3]

Os paneis solares xeraban unha potencia de ata 1029 vatios que alimentaban unha batería de níquel-cadmio a unha tensión de 28 voltios. A nave estabilizábase nos tres eixos mediante tres volantes de inercia ortogonais entre si. O sistema de propulsión usaba hidracina como propulsante e as comunicacións e as medicións científicas usaban a banda S e banda X.[1][2][3]

Magalhães chegou a Venus o 10 de agosto de 1990. A primeira fase da misión durou oito meses, entre o 15 de setembro de 1990 e o 15 de maio de 1991, durante a cal cartografou mediante radar o 84% da superficie venusiana. A segunda fase da misión tivo lugar entre o 15 de maio de 1991 e o 15 de xaneiro de 1992, e durante a cal Magalhães cartografou o polo sur venusiano e encheu os baleiros da cartografía da primeira fase. A terceira fase comezou o 24 de xaneiro de 1992 e durou ata o 15 de setembro de 1992, completando a cartografía e obtendo imaxes adicionais coas que formar imaxes estereográficas da superficie. A cuarta fase transcorreu entre o 15 de setembro de 1992 e maio de 1993 para obter datos gravitatorios. Entre maio e agosto de 1993 Magalhães fixo manobras de aerofreada para rebaixar a órbita. A quinta e última fase tivo lugar entre o 3 de agosto de 1993 e o 29 de agosto de 1994, mellorándose a resolución dos datos sobre o campo gravitatorio. Durante setembro de 1994 Magalhães fixo un experimento denominado de muíño de vento, durante o cal os paneis solares foron colocados en ángulos diferentes, como un muíño de vento, xerando un torque cuxa magnitude daba información sobre a densidade da atmosfera á altura á que estaba viaxando a Magalhães. Finalmente a nave caeu á superficie de Venus o 14 de outubro de 1994.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 NASA (1 de xullo de 2013). "Magellan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 Mark Wade (2011). "Magellan" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Magellan" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MAGELLAN" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  5. "Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-00231). 3 de xaneiro de 1990: 9. Consultado o 1 de marzo de 2020. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Magellan" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2013. 
  7. "Magalhães COSMON Sonda…"; tanto en Enciclopedia Galega Universal, t. 11, p. 336; coma en Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 39, p. 109.

Véxase tamén editar