Mafalda (personaxe)

banda deseñada do debuxante arxentino Quino

Mafalda é unha personaxe de banda deseñada do debuxante arxentino Quino. O personaxe deu nome a unha serie de historietas que acadou fama internacional.

O personaxe apareceu por primeira vez en 1964[1] en "Gregorio", o suplemento humorístico da revista Leoplán. O 29 de setembro dese ano empezou a aparecer regularmente, no semanario Primera Plana. Tivo periodicidade diaria ata 1973. As súas historias foron traducidas a máis de trinta linguas[1].

En galego publicouse un conxunto das súas historias intitulado Mafalda: tiras de Quino (Lumen, 1984)[2] a tradución feita por Xosé Ramón Díaz e Ramón Reimunde Noreña.

Personaxes editar

Familia editar

  • Mafalda: é unha nena de clase media arxentina, cunha actitude comprometida ante o mundo, preocupada pola humanidade e a paz mundial. Ó comezar a historieta ten seis anos, e no marzo seguinte comeza a educación primaria. Gústanlle The Beatles e Woody Woodpecker (Paxaro Tolo). A súa comida favorita son os panqueques, pero aborrece a sopa. Gústalle xogar no parque ós indios e vaqueiros cos seus amigos.
  • Papá: é un empregado dunha compañía de seguros. Gústanlle as plantas de interior. Ten un Citroën 2CV.
  • Mamá: é unha ama de casa. Chámase Raquel e abandonou os estudos universitarios.
  • Guille: é o seu irmán; gústalle Brigitte Bardot. Aínda non fala correctamente, pero xa é algo malfalado.

Amigos editar

Os seus mellores amigos son Felipe, Manolito, Susana, Miguelito e Libertad.

  • Felipe: é un neno moi imaxinativo e bo amigo de Mafalda, aínda que é un ano maior. Vive eternamente atormentado polas tarefas escolares e a súa dificultade para manter a atención nelas. Ve a vida dun modo sinxelo. Gústalle ler tiras cómicas de El Llanero Solitario, escoitar ós Beatles e xogar ó xadrez. Gústalle unha rapaza chamada Muriel.
  • Manolito: (Manuel Goreiro) é o fillo dun comerciante do barrio de ascendencia galega. Representa as ideas capitalistas e conservadoras dentro da historieta. A súa aspiración é montar unha cadea de supermercados co seu nome e afundir a Rockefeller. Gústalle a sopa e odia ós Beatles, así como á moda dos anos 60.
  • Susanita: é unha nena moi faladoira, que adora os ruxe-ruxes. A súa maior aspiración é casar e ter moitos fillos, asumindo o rol asociado clasicamente á muller. Isto contrasta fortemente coa actitude de Mafalda, máis intelectual e concienciada coa liberación da muller e a igualdade entre sexos.
  • Miguelito: é o máis pequeno e máis inocente do grupo, e tamén o máis egocéntrico. Ten comentarios autoritarios e ditatoriais, en parte porque o seu avó é seguidor do Duce.
  • Libertad: é unha nena moi pequena (sendo isto unha chiscadela política). É máis liberal que Mafalda, en contraste cos máis conservadores Manolito e Susanita. Aspira a que o pobo tome conciencia da situación do país, se levante nunha revolución social e cambie as estruturas do país.

Mascotas editar

  • Burocracia: é unha tartaruga, mascota de Mafalda e Guille. Chámase así pola lentitude que ten para todo.

Recompilacións editar

  • Mafalda, (1966);
  • Así es la cosa, Mafalda, (1967);
  • Mafalda 0 ó 12;
  • Mafalda Inédita. (1989);
  • 10 Años con Mafalda, (1974, antoloxía de Esteban Busquets);
  • Toda Mafalda, (1992).

Recoñecementos editar

Na cidade de Buenos Aires hai unha praza chamada Mafalda, así como unha placa no edificio onde residiu Quino mentres a debuxaba e onde está ambientada a historieta (rúa Chile número 371 do barrio de San Telmo)[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Evita, Gardel, Maradona y...Mafalda", artigo en El País, 13 de agosto de 2007 (consultado o 21 de abril de 2010) (en castelán).
  2. Ficha da obra en Worldcat.
  3. "Para ver a Mafalda en la plaza", artigo en www.pagina12.com.ar, 20 de agosto de 2005 (consultado o 21 de abril de 2010) (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar