Mae Jemison

astronauta estadounidense

Mae Jemison, nada en Decatur (Alabama) o 17 de outubro de 1956, é unha enxeñeira química, médica e astronauta da NASA. Foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.

Infotaula de personaMae Jemison

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mae Carol Jemison Editar o valor em Wikidata
17 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Decatur, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónWeill Cornell Medicine (en) Traducir - doutor em medicina (pt) Traducir (–1981)
Universidade Stanford - Enxeñaría química, Estudos negros (pt) Traducir (–1977)
Stanford University School of Engineering (en) Traducir
Morgan Park High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónastronauta , actriz , enxeñeira , física , médica , profesora , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo7 días, 22 horas, 30 minutos e 22 segundos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
STS-47 Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdrmae.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0420648 Twitter: maejemison TED: mae_jemison WikiTree: Jemison-146 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mae Jemison é a terceira filla de Charles e de Dorothy, moi interesados na súa educación. Dende moi nova tivo claro quería ser científica e xa antes de acudir á escola secundaria interesouse polo tema do espazo.[1][2] Estudou na Universidade de Stanford cunha bolsa obtendo o graduado en Enxeñaría Química. Despois doutorouse en Medicina pola Universidade Cornell en 1981.[3] Dende 1983 a 1985 uniuse ao Corpo de Paz servindo como médica castrense da área en África Occidental, especialmente en Serra Leona e Liberia.

O 4 de xuño de 1987, Mae Jemison converteuse na primeira muller afroamericana en ser admitida no programa de formación de astronautas da NASA, e en 1992 foi a primeira muller afroamericana en viaxar ao espazo.[4] Viaxou a bordo do Endeavour na misión STS47, e durante os oito días que estivo no espazo, Mae Jemison realizou experimentos sobre a ingravidez e a cinetose na tripulación e nela mesma.[5] Segundo detalla a NASA, antes de regresar a terra o equipo completou 44 experimentos conxuntos entre os Estados Unidos e o Xapón.[6] En total estivo 190 horas no espazo. Despois de servir na NASA de 1987 a 1993, Jemison fundou o Jemison Group, Inc., que desenvolveu ALAFIYA, sistema de telecomunicacións baseado en satélites.[7] O propósito deste sistema era mellorar o coidado médico en países en desenvolvemento.[8]

Foi profesora no programa dos estudos ambientais na Universidade de Dartmouth, onde dirixiu o Instituto Jemison para o avance tecnolóxico en países en vías de desenvolvemento. Dentro dos seus proxectos actuais hai varios centrados na mellora da saúde en África e no avance das tecnoloxías en países en desenvolvemento.[3][9]

Jemison foi profesora na Cornell University e no Dartmouth College desde 1995 até 2002. Ademais participa en varias organizacións científicas como American Medical Association, American Chemical Society, Association for Space Explorers e a American Association for the Advancement of Science.[10]

Notas editar

  1. Lassieur. Astronaut Mae Jemison (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9781512410945. 
  2. Naden; Blue. Mae Jemison: Out of this World (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780761325703. 
  3. 3,0 3,1 "Dr. Mae Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  4. "Mae C. Jemison". Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  5. Briggs. Women Space Pioneers (en inglés). Lerner Publications. ISBN 9780822524748. 
  6. "Mae Jemison, la astronauta que quiso ampliar la visión que los extraterrestres tienen del mundo". 2018-07-18. Consultado o 2020-02-07. 
  7. "Mae C. Jemison". Consultado o 2009. 
  8. "Espacio, tecnología y educación según la ex astronauta Mae Jemison". 25 de setembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  9. "Mae Jemison, la niña que soñaba con ir al espacio y se convirtió en la primera mujer afroamericana que lo consiguió | Vidas científicas". 31 de maio de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019. 
  10. "Official NASA biography". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Zinthia Palomino e Nina Sefcik (2019). Mujeres negras en la ciencia. Editorial: Mujeres negras que cambiaron el Mundo. ISBN: 978-84-09-08025-0

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

  • Mae Jemison, Teach arts and sciences together. (Vídeo TED)