Madredeus

grupo musical portugués

Madredeus é un grupo musical portugués. A súa música combina influencias das músicas populares portuguesas coa música moderna. Tematicamente, as letras das cancións falan sobre temas tamén abordados polo fado, como a saudade e temas derivados, como a solitude, a esperanza, a ausencia, a distancia ó o amor adiado, así como temas mais xeneralistas, como a a guerra, paz ou a culpa e o remorso.

Madredeus
Concerto dos Madredeus en Aveiro, 1 de agosto de 2005
OrixePortugal
Período1985 - actualidade
Na rede
Madredeus.com
IMDB: nm0535089 Allocine: 99061
Youtube: UCLmOBO1kDiEUzEPz_OOC9lQ Last fm: Madredeus Musicbrainz: 8e74d54f-42f3-463c-8fa9-16f4fb0ec0a4 Songkick: 152410 Discogs: 17584 Allmusic: mn0000225651 Editar o valor em Wikidata

Algunhas cantigas están construídas pola repetición e tipo de versos de forma parecida co cantigas de amigo ou composicións do Cancioneiro Xeral. Exemplos: - Influencias das cantigas de amigo: "A sombra", "O meu amor vai embora", "Cuidado", "O menino" - Influencias do cancioneiro xeral: "A cantiga do campo", "Sentimento", "Milagre", "A cidade e os campos", "Ecos na catedral", "O segredo do futuro"

Os elementos fundadores do grupo foron: Pedro Ayres de Magalhães (guitarra), Rodrigo Leão (teclados), Francisco Ribeiro (violoncello) e Teresa Salgueiro (voz). Magalhães e Leão formaron o grupo en 1985, Ribeiro xuntóuselles en 1986. Na súa busca por unha vocalista, descubriron a Teresa Salgueiro nunha casa nocturna de Lisboa. Teresa gostou da música do grupo e concordou en xuntárselles. En 1987, o grupo Madredeus (así chamados por teren comezado a tocar na igrexa da Madre de Deus) gravaron o seu primeiro álbum, Os dias da Madredeus.

Foron editados varios álbums, con grande éxito en Portugal, mais o grupo era relativamente descoñecido no estranxeiro. Isto mudou cando Wim Wenders, impresionado coa música do grupo, os convidou para musicaren un documental sobre Lisboa, chamado Lisbon story. Esta banda sonora deu ao grupo a proxección internacional que lle faltaba.

En 1997 Fernando Ribeiro e Gabriel Gomes deixan o grupo por discordancias coa mudanza da orientación musical (afastamento do fado) do álbum O paraíso. No mesmo ano ingresa no grupo Fernando Júdice (baixo).

Discografía editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar