Madoqua
Madoqua Dicdics | |||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un didic macho no Parque Nacional de Tarangire (Tanzania) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||||||||
Antilope saltiana Desmarest, 1816 | |||||||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||||
|
Madoqua é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos antilopinos.[2]
Coñecidos vulgarmente como dicdics,[3] son uns antílopes africanos de tamaño moi reducido, polo que son denominados antílpes ananos.
Etimoloxía editar
O nome científico do xénero, Madoqua, é unha adaptación do amhárico mĕdaqqwa.[4]
Taxonomía editar
Descrición editar
O xénero foi descrito en 1837 polo naturalista irlandés William Ogilby, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 137.[2]
Especies editar
Dentro do xénero, recoñécens as seguientes catro especies:[2]
- Madoqua guentheri Thomas, 1894 - dicdic de Günther
- Madoqua kirkii (Günther, 1880) - dicdic de Kirk
- Madoqua piacentinii Drake-Brockman, 1911 - dicdic de Piacentini
- Madoqua saltiana (Desmarest, 1816) - dicdic de Salt
Nome vulgar editar
O seu nome vulgar procede do son que emiten cando están asustados.
Características físicas editar
A lonxitude do seu corpo varía entre os 30 e os 40 cm, a súa alzada (altura na cruz) é tan só de 30 a 43 cm, e o seu peso oscila entre os 3 e os 5 kg, segundo as especies.
Teñen un fociño alongado e unha pelaxe clara, que é gris no lombo e branca no ventre. Moitos presentan un anel de cor clara en torno aos ollos. Na parte superior da cabeza presentan unha guedella de pelos que, ás veces, ocultan parcialmente os curtos cornos dos machos, inclinados cara a atrás. As femias son algo máis grandes que os machos.
Pequenos, áxiles, e moi rápidos na carreira (poden correr até os 50 km/h), desaparecen e agóchanse facilmente no seu contorno boscoso, o que dificulta a súa caza por parte de diferentes depredadores.
Alimentación editar
Os dicdics son herbívoros e aliméntanse principalmente de follas, abrochos, froitos e bagas.
Depredadores editar
Os dicdics son cazados por lagartos varanos, aguias, serpes pitóns, caracais, leóns, leopardos, guepardos, hienas, licaóns e chacais.
Notas editar
- ↑ Classification of the genus Rhynchotragus en Fossilworks.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Wilson & Reeder 2005.
- ↑ dicdic Arquivado 14 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en: Xunta de Galicia. Digalego.
- ↑ madoqua no Merriam-Webster Dictionary en liña.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Madoqua |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Madoqua |
Bibliografía editar
- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Groves, C. & Grubb, P. (2011): Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
- Groves, C. P. et al. (2011): "Family Bovidae (Hollow-horned rumiants)". In: Wilson, D. E. & Mittermeier, R. A. eds (2011): Handbook of the Mammals of the World. Volume II. Hoofed Mammals. Barcelona: Lynx edicions. ISBN 978-84-96553-77-4.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9.
- Wilson, D. E., & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Madoqua Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Tree of Life Web Project.
- Madoqua no ITIS.
- Madoqua. Dik-diks na ADW.
- Madoqua. Dik-diks na EOL.