Os macruros [1] eran os membros dunha antiga subdivisión dos crustáceos decápodos (Macrura),[2] fundada por Milne-Edwards [3][4] e hoxe sen validez taxonómica, en oposición á outra, a dos braquiúros (Brachyura),[5] esta si válida na actualidade: é unha infraorde da suborde dos pleociemados (Pleocyemata) dos crustáceos.

A cigala (Nephrops norvegicus).
O lumbrigante (Homarus gammarus).
Crangon crangon, un camarón.

A orde dos crustáceos, da clase dos malacostráceos (Malacostraca)[6], "os de cuncha branda" (o nome engañoso, xa que a cuncha ou casca destes animais é só branda inmediatamente despois da muda ou écdise, e o resto do tempo é xeralmente dura.[7] Foi creada por Pierre André Latreille (1762-1833) en 1802.

Tradicionalmente dividíase nos dous grupos antecitados, macruros, que comprendía as especies caracterizadas por teren o abdome alongado, ben desenvolvido, rematado nunha peza caudal formada á súa vez por unha central denominada telson e dous urópdos, como o lumbrigante, a lagosta ou a cigala, e braquiúros, que recollía os individuos de abdome curto e a miúdo pregado baixo o cefalotórax, como a centola, o boi ou a nécora.

Tamén noutros tempos os decápodos clasificáronse en dúas subordes chamadas Natantia, ou decápodos nadadores, e Reptantia, ou decápodos marchadores (Boas).

Pero na acualidade divídense noutras dúas subordes, baseadas na morfoloxía das branquias:

cun xénero incertae sedis, Charassocarcinus Van Straelen, 1925.

Notas editar

  1. Macrura en thefreedictionary.com. (en castelán) Consultada o 1/01/2013.
  2. Do grego μακρός makrós, "longo", "grande" e ουρά ourá, "cola".
  3. Milne Edwards, Henri (1834-40): Histoire naturelle des crustacés. 3 vols. Roret, Paris.
  4. D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Barcelona: Editorial Labor, p. 659.
  5. Do grego βραχύς brachýs, "curto" e ουρά ourá, "cola".
  6. Do grego μαλακός malakós, "brando" e ὄστρακον óstrakon, "cuncha".
  7. Patricia Vickers Rich, Mildred Adams Fenton, Carroll Lane Fenton & Thomas Hewitt Rich (1996): "Crustaceans". En The Fossil Book: a Record of Prehistoric Life 2nd ed. Courier Dover Publications. pp. 213–221. ISBN 978-0-486-29371-4. [1].

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar