Macrolepiota

xénero de fungos
Macrolepiota

Macrolepiota procera
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Subclase: Agaricomycetidae
Orde: Agaricales
Familia: Agaricaceae
Xénero: Macrolepiota
(Scop. : Fr.) Sing.
Especie tipo
'Macrolepiota procera'
(Scop.) Singer

Macrolepiota é un xénero de fungos basidiomicetos da familia Agaricaceae. A especie tipo, e máis coñecida, é Macrolepiota procera, o cerrote. O xénero ten unha distribución moi ampla e contén unhas 30 especies.[1]

Estudos de ADN dividiron o xénero en dous clados. O primeiro inclúe a M. procera, M. mastoidea, M. clelandii, así como algunhas especies estreitamente relacionadas. O segundo é máis diverso, inclúe a M. rhacodes, Chlorophyllum molybdites e outras especies.[2]

A Macrolepiota albuminosa é moi usada na gastronomía da China, onde se lle chama jīzōng (鸡枞; literalmente "abeto de polo").[Cómpre referencia]

Especies editar

Notas editar

  1. Kirk. P.M.; et al. (2008). CABI, ed. Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford. p. 396. ISBN 978 0 85199 826 8. 
  2. Vellinga EC, de Kok RPJ, Bruns TD (2003). "Phylogeny and taxonomy of Macrolepiota (Agaricaceae)". Mycologia 95 (3): 442–456. doi:10.2307/3761886. Consultado o 2007-11-09.