Maceo Baston

baloncestista estadounidense

Maceo Demond Baston, nado o 29 de maio de 1976 en Corsicana, Texas, é un ex-xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Maceo Baston
Posición Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 29 de maio de 1976 (47 anos)
Corsicana, Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 104 kg (230 lb)
Información da carreira
Instituto H. Grady Spruce (Dallas, Texas)
Universidade Michigan (1994–1998)
NBA Draft 1998 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por Chicago Bulls
Carreira 1998–2011
Historial de equipos
Quad City Thunder (1998–2000)
SC Montecatini (2000–2001)
Joventut Badalona (2001–2003)
Toronto Raptors (2003)
Maccabi Tel Aviv (2003–2006)
Indiana Pacers (2006–2007)
Toronto Raptors (2007–2008)
Indiana Pacers (2008–2009)
Budivelnyk Kyiv (2010)
Obradoiro (2010)
Bnei HaSharon (2010–2011)
Premios e galardóns
2× Campión da Euroliga (2004, 2005)

Traxectoria editar

Baston foi seleccionado na 58ª posición do Draft da NBA de 1998 polos Chicago Bulls, pero non chegou a xogar con eles, así que comezou a xogar coma profesional nos Quad City Thunder da Continental Basketball Association (CBA), onde foi elixido para xogar o All-Star no ano 2000.[1]

O 28 de xullo de 2006, Baston asinou cos Indiana Pacers un contrato de dous anos e 1.8 millóns de dólares, sendo o segundo deles opcional para o xogador. Xogou 47 partidos cos Pacers nos que acadou 3 puntos por encontro. O 11 de xullo de 2007, Baston aceptou unha oferta dos Toronto Raptors por dúas tempadas e 3.8 millóns de dólares.[2] Os Pacers decidiron non igualar a oferta, e Baston converteuse en xogador dos Raptors.[3] O 9 de xullo de 2008, os Pacers ficharon de novo a Baston, nun traspaso que tamén incluíu a Jermaine O'Neal e T.J. Ford.

O 9 de setembro de 2010, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga LEB Ouro.[4] Tras participar en tan só dous partidos, o 14 de outubro de 2010, o Obradoiro decidiu rescindir o contrato do xogador.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar