Macedonia (rexión histórica)

Macedonia é unha rexión xeográfica e histórica da Europa suroriental que desde hai séculos permaneceu dividida en varias rexións e estados.

Macedonia
Cor castaña:Macedonia do Norte
Cor branca: Macedonia grega
Cor verde: Macedonia de Pirin (Bulgaria)
Cor canela: Mala Prespa e Golo Bardo (Albania)
Cor rosa: Gora e Prohor Pchinski (Serbia)

O termo "Macedonia" foi fonte de confusión e de debate debido aos porque se usou para nomear, ao longo do tempo, múltiplas e diversas áreas xeográficas, políticas, históricas, lingüísticas e demográficas. Os diversos grupos étnicos que viven na zona denominaron da mesma maneira a diversas entidades e de diferentes formas a unha única entidade, o que xera problemas tanto para os seus habitantes como para os estranxeiros.

Historicamente, a rexión estivo marcada polos continuos cambios políticos durante a historia da península Balcánica. En canto á xeografía, non existe unha definición clara dos límites da rexión e os nomes das súas subdivisións non son aceptadas nin por académicos nin polos seus propios habitantes. No caso da demografía, na zona habitan principalmente catro grupos étnicos, tres dos cales autodefínense como "macedonios": un grupo sudeslavo, que o fai a nivel nacional, e un búlgaro e outro grego, que o fan a nivel rexional. Lingüisticamente, os nomes e orixes das linguas faladas na zona son tema de gran controversia, mentres que no mundo político, o uso do nome de Macedonia xerou incluso unha intensa disputa diplomática entre os estados de Grecia e Macedonia do Norte, conflito que se mantén sen solución definitiva a pesar da intervención das Nacións Unidas.

Máis alá da natureza histórica e sen fronteiras da rexión, Macedonia pode considerarse sen ambigüidades como o corazón dos Balcáns. A raíz diso, a razón da variedade de nomes e definicións poden resumirse nas palabras de Winston Churchill: "A rexión dos Balcáns ten a tendencia a producir máis historia da que pode consumir".[1]

Historia editar

A rexión macedónica, incluídos amplos territorios dos países veciños, estivo habitada desde antigo por tribos traco-ilirias, gobernadas por reis propios.

Con Filipo II (359 a.C. - 359 a.C.) unificouse e fortaleceuse, facendo posíbel o esplendedor subseguinte do Imperio macedónico baixo Alexandre o Grande.

Durante a Idade Media foi unha provincia ou thema do Imperio bizantino.

Durante o século VI produciuse a inmigración masiva de eslavos, que superaron demograficamente ás poboacións locais de orixes iliria, tracia e gregos.

O territorio pasou a ser controlado por Bulgaria, motivo polo cal a actual lingua macedonia e gran parte da cultura eslavo macedonia presenta grandes afinidades coa de Bulgaria.

 
Extensión aproximada do Reino de Macedonia antes de Alexandre o Grande, de acordo con referencias históricas e descubrimentos arqueolóxicos
Reino de Macedonia
 
Extensión aproximada da provincia de Macedonia durante a dominación romana
Provincia romana de Macedonia
 
Extensión aproximada do thema de Macedonia, durante a dominación bizantina
Thema bizantino
 
Extensión aproximada da zona coñecida como Macedonia durante a dominación otomá
Dominación otomá
Extensión do territorio histórico de Macedonia

Desde o século XIV produciuse a invasión e progresiva ocupación turca, que incluíu ao norte da rexión de Macedonia na rexión chamada Rumelia.

A dominación turca mantívose até finais do século XIX; entre 1880 e 1912 (e despois novamente nas Guerras Balcánicas e nas dúas Guerras Mundiais) a Macedonia eslava foi disputada por Bulgaria e Serbia.

Xa desde 1878, Rusia, cuxas vitorias sobre os turcos conduciron á creación do novo estado de Bulgaria, fixo presión para que se creara unha "Gran Bulgaria" que debería incluír gran parte de Macedonia.

No Congreso de Berlín de 1878 as demais potencias déronlle a Bulgaria un territorio moito máis reducido, dividido até 1885 entre os principados de Bulgaria e Rumelia Oriental.

A Macedonia eslava foi quedando baixo soberanía do reino de Serbia en 1912, e tal situación ratificose ao concluír a primeira guerra mundial e formarse a Iugoslavia (Eslavia do Sur).

Tras a segunda guerra mundial a Macedonia eslava que quedara en poder de Serbia pasou a ser unha das repúblicas federadas de Iugoslavia, a máis meridional destas.

Divisións políticas editar

Desde 1991, a rexión histórica de Macedonia está dividida en:

Partes da rexión histórica de Macedonia están nas actuais Bulgaria, Serbia e Albania.

Notas editar

  1. Linden, Ronald H. (2006). "Ampliando o espazo euroatlántico: temas especiais sobre Europa Sudoriental" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21-09-2006. Consultado o 13-01-2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar