Macías o Namorado

escritor español


Macías, chamado o Namorado, foi un trobador galego do século XIV (aproximadamente entre 1340 e 1370), probablemente orixinario de Padrón.

Infotaula de personaMacías o Namorado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoVida: século XIV
(c. 1340 e 1370)
probablemente en Padrón
Mortep. século XV Editar o valor em Wikidata
Suponse que está enterrado en Arjonilla (Xaén)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , poeta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticocantigas de amor
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BUSC: macias-o-namorado

Traxectoria editar

Como da maior parte dos poetas galegos medievais, pouco se sabe de Macías o Namorado. A partir dunha carta do Marqués de Santillana de 1449 sitúase a súa vida ao mesmo tempo cá dos portugueses Basco Pérez de Camões e Ferrant Casquiçio, que viviron no terceiro cuartel do século XIV. Nese tempo, entre 1350 e 1369, produciuse o reinado de Pedro I de Castela e unha rúbrica no Cancioneiro de Baena informa de que “esta cantiga fizo Maçias contra el amor, enpero algunos trobadores dizen que la fizo contra el rrey don Pedro”.[1] Con todo, existe un documento de compra-venda duns terreos en Beluso (Bueu), con data de 1262, no que figura un xograr Macías (grafado Mascia) como testemuña. É posible que sexa o mesmo.

Lenda editar

A tradición sinala que xa de novo destacou polo seu talento poético, motivo polo que foi nomeado xentilhome ao servizo de Henrique de Villena, mestre da Orde de Calatrava, o que situaría a súa vida algunhas décadas despois do devandito marco temporal. No seu palacio coñeceu a dona Elvira, coa que mantivo namoros en segredo. Quixo a desgraza que Macías tivese que se ausentar para facer parte das forzas que ían loitar a Granada. Entrementres, don Henrique dispuxo que Elvira casase con Hernán Pérez de Vadillo, marqués de Porcuna. En regresando, Macías soubo do matrimonio e tornou a súa desolación en poesías nas que proclamaba o seu atormentado amor. Consciente de que os sentimentos de Macías por Elvira eran recíprocos, Don Hernán denunciouno ante o seu señor, quen esixiu ao trobador que esquecese tales amores imposibles. Mais Macías non obedeceu e seguiu cortexando a Elvira, polo que o mestre ordenou encarceralo no castelo de Arjonilla, en Xaén. Malia estar prisioneiro, a súa paixón non arrefriou e, para desgusto do marqués, botaba o tempo cantando o seu amor por Elvira. Finalmente, o trobador Macías o Namorado morreu vítima dos celos ao atravesarlle o corazón un venabre guindado por Hernán a través da ventá da cela. O corpo do malfadado foi soterrado na ermida de santa Catarina de Arjonilla, á que seica inda agora se achega algunhas noites a sombra dunha muller.[2]

Obra editar

 
A morte do trobador, por Ángel.

Cativo da miña tristura,
ya todos prenden espanto
e preguntan, que ventura
fay que me tormenta tanto;
mays non sey no mundo, amigo,
que mays de meu quebranto
diga de esto que vosdigo

Macías o Namorado. Cancionero de Baena 306

É autor dalgunhas das últimas cantigas de amor en lingua galega, na época dos cancioneiros galego-casteláns (Cancioneiro de Baena) durante a Baixa Idade Media. Consérvanse del 21 cantigas, que incorporan elementos de amor cortés.

Influencia editar

Existen versións dispares da historia do trobador, aínda que todas coinciden no feito de que adicou as súas composicións a unha muller casada, motivo polo que foi apresado e posteriormente asasinado polo home dela. A atraente figura do trobador e a lenda que se xerou ao seu redor, desencadearon, segundo Carlos Martínez-Barbeito "unha especie de furor historicista ou irreflexiva e obcecada debilidade polos mitos".[3]

Para autores como Sainz de Robles ou Menéndez Pidal, Macías destaca, antes que pola súa obra, por encarnar un paradigma de poeta amador que serviu de inspiración para moitos autores.[4]

Notas editar

  1. "Macías | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2020-03-27. 
  2. "Macias El Enamorado". www.redjaen.es (en castelán). Consultado o 26/3/2020. 
  3. Martinón Sánchez, Federico (17/8/2014). "El trovador Macías, un amor imposible". Faro de Vigo (en castelán). 
  4. Cardeña Jalón, Juan (2011). "Macías el trovador a través de la literatura". Iberian (en castelán) (0): 22–25. ISSN 2174-5633. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar