MMORPG

xénero de videoxogo

Os xogos de rol multixogador masivo online ou MMORPGs (Massive(ly) Multiplayer Online Role-Playing Games) son videoxogos que permiten a miles de xogadores introducirse nun mundo virtual de forma simultánea a través de Internet, e interactuar entre eles.

Pode tratarse de administrar unha cidade, un exército para gañar batallas, ou máis comunmente crear un personaxe, elixindo a súa raza, profesión, armas etc., e ir aumentando niveis e experiencia en pelexas contra outros personaxes ou PJs ou realizando diversas aventuras (ou misións) chamadas quests.

Este xénero de RPGs difire dun RPG online multixogador non masivo en que estes últimos teñen un número limitado de xogadores, é dicir, os MMORPGs están preparados e elaborados de tal maneira que admiten calquera número de xogadores simultáneos (aínda que na práctica ven limitado pola conexión do servidor).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.