A M-30 é unha vía de circunvalación, con características de autoestrada (salvo un tramo ao norte coñecido como avenida da Ilustración) que rodea o centro («améndoa central») da cidade de Madrid, capital de España.

A M-30 preto do Nudo Norte.

Ten unha lonxitude de 32,5 km cun radio medio de 5,17 km con respecto á porta do Sol e unha intensidade de circulación media de 304 423 vehículos diarios, o que a converte na vía máis transitada de España. Ten a particularidade de que é a única autoestrada española da que é titular un concello.