Müslüm Maqomayev

Muslim Mahammad oglu Magomayev, nado en Bakú o 17 de agosto de 1942 e finado en Moscova o 25 de outubro de 2008, foi un cantante azarí, coñecido na antiga Unión Soviética nas décadas de 1960 e 1970 como "o Rei" [1] e o "Sinatra Soviético" [2] e que logrou un status de icona en Rusia, o seu nativo Acerbaixán e outros países do bloque soviético polo seu talento vocal e o seu carisma[3].

Müslüm Maqomayev
Nacemento17 de agosto de 1942 e 1942
Lugar de nacementoBakú
Falecemento25 de outubro de 2008 e 2008
Lugar de falecementoMoscova
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoAlley of Honor
NacionalidadeAcerbaixán, Unión Soviética e Rusia
Alma máterBaku Academy of Music e Asaf Zeynally Music School in Baku
Ocupaciónactor, cantante de ópera, compositor, compositor de bandas sonoras e memorialista
PaiMagomed Magomaev
NaiAyşət Maqomayeva
CónxuxeTamara Sinyavskaya
PremiosOrdem de Honra, Bandeira Vermella do Traballo, Orde da Amizade dos Pobos, Artista do Povo da URSS, Ordem de Mérito Cultural Polaco, Istiglal Order, Shohrat Order, Miner's Glory Medal, People's Artiste of the Azerbaijan SSR, Honored Artist of the Azerbaijan SSR e Miner's Glory 3rd class
Na rede
http://magomaev.info
IMDB: nm0536439 Spotify: 20mh1R2iszLiPKWFJVgXaF iTunes: 719565708 Last fm: Муслим+Магомаев Musicbrainz: 37177120-189b-418f-a01c-284ff0ed9d6c Discogs: 805293 IMSLP: Category:Magomayev,_Muslim Allmusic: mn0001540399 WikiTree: Magomayev-1 Find a Grave: 92064117 Deezer: 5264408 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Muslim Magomayev procede dunha das dinastías de artistas azarís máis recoñecidas, o seu avó Muslim Magomayev (1885–1937), fora un dos fundadores da moderna música clásica no seu país, o seu pai, Mahammad Magomayev, fora pintor e a súa nai, Aishet Magomayeva, fora unha actriz.Obituario The Washington Post</ref>. Magomayev aprendeu a tocar o piano de neno, tomando leccións de voz á idade de catorce anos, e logo estudou composición e piano no Conservatorio de Bakú. Interpretou en público por vez primeira aos 19 nun festival internacional para xente nova en Helsinqui. Ao ano seguinte, en 1962, cantou, en Moscova durante os días de Cultura Azarí, unha aria do Fausto de Gounod e a canción Khotyat li russkie voyni" nun concerto de gala no Palacio de Congresos do Kremlin, converténdose nunha celebridade inmediatamente. Un ano despois deu o seu primeiro concerto en solitario en Moscova nunha sala ateigada e pasou a ser solista do Teatro da Ópera e do Ballet de Acerbaixán. Muslim colleu fama na URSS como cantante de ópera coas interpretacións de "Il barbiere di Siviglia" de Rossini e polas arias da obra de Puccini "Tosca", da de Hajibeyov "Koroghlu" e "Shah Ismayil" composta polo seu avó.[4]

Na tempada 1964–1965, Muslim foi artista visitante en La Scala de Milán, e logo actuou no Teatro Bolshoi. Máis tarde mudou para a música popular, converténdose nun ídolo pop, facéndose unha figura de culto en toda a URSS, vendendo millóns de álbums. En 1966 e 1969 Magomayev interpretou no Olympia de París. Como compositor escribiu varias bandas sonoras de filmes e mais tamén actuou nalgúns deles, presentando así mesmo programas na televisión e na radio dedicados a importantes músicos do século XX. A principios da década de 1970 mudouse a Moscova, traballando no teatro.

En 1998, Magomayev puxo fin oficialmente á súa carreira musical, dando despois só unhas poucas funcións coa súa dona Tamara Sinyavskaya.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar