Música industrial

A música industrial é un xénero musical que se basea en sons e temas ásperos, transgresivos ou provocativos. AllMusic define á música industrial como a "fusión de rock e música electrónica máis abrasiva e agresiva" que foi "inicialmente unha mestura de experimentos de electrónica de vangarda (música de cinta, musique concrète, ruído branco, sintetizadores, secuenciadores etc.) e provocación punk".[1] O termo foi cuñado a mediados dos 70 coa fundación de Industrial Records por membros de Throbbing Gristle e Monte Cazazza. Aínda que o nome do xénero orixinouse coa aparición de Throbbing Gristle no Reino Unido, concentracións de artistas e selos vitais para o xénero tamén apareceron nos Estados Unidos, concretamente en Chicago.

Música industrial
Orixe musicalelectrónica, avant-garde, punk rock, noise, musique concrète, EDM, art pop, improvisación libre, performance
Orixe culturalprincipios-mediados dos 70 no Reino Unido, Estados Unidos (Chicago) e Alemaña
DerivadosGlitch, IDM, New Beat, noise rock, outsider house
Subxéneros
electro-industrial, martial industrial, power electronics
Xéneros de fusión
dark ambient, EBM, dance industrial, pop industrial, hip hop industrial, metal industrial, rock industrial, techno industrial, neofolk, techstep, witch house, darkcore

Os primeiros artistas industriais experimentaron con ruído e temas esteticamente controvertidos, tanto musical como visualmente, como o fascismo, a perversión sexual e o ocultismo. Entre os artistas máis destacados da música inustrial atópanse Throbbing Gristle, Monte Cazazza, SPK, Boyd Rice, Cabaret Voltaire e Z'EV.[2] No álbum de estrea de Throbbing Gristle, The Second Annual Report (1977), a banda cuñou o eslogan "música industrial para xente industrial". O selo independente baseado en Chicago Wax Trax! Records contou cun gran cadro de artistas do xénero. Os precursores que influenciaron o desenvolvemento da música industrial inclúen artistas da música electrónica como Kraftwerk, do rock experimental como Pink Floyd e Frank Zappa, do rock psicodélico como Jimi Hendrix, e compositores como John Cage. Os músicos tamén citan a escritores como William S. Burroughs, e filósofos como Friedrich Nietzsche como influencias.

Aínda que o termo foi autoaplicado por un pequeno grupo de bandas e individuos relacionados con Industrial Records a finais da década dos 70, ampliouse para incluír a artistas influenciados polo movemento orixinal ou que usaban unha estética "industrial". Co tempo, a influencia do xénero estendeuse e mesturouse con estilos como ambient, música synth e rock como en Front 242, Front Line Assembly, KMFDM, e Sister Machine Gun do selo baseado en Chicago Wax Trax! Records. A música electro-industrial é un subxéro primario desenvolvido nos anos 80, sendo os seus representantes máis notables Front Line Assembly e Skinny Puppy. Os outros dous híbridos do xénero máis destacables son o rock industrial e o metal industrial, que inclúen bandas como Nine Inch Nails, Ministry e Fear Factory, os dous primeiros con discos de platino publicados nos anos 90.

Historia editar

Precursores editar

A música industrial tivo un amplo abano de predecesores. Segundo o Oxford English Dictionary, o xénero foi nomeado por vez primeira en 1942 cando The Musical Quarterly chamou á Sinfonía nº 2 de Dmitri Shostakovich "a marea alta da 'música industrial'".[3] De xeito semellante, en 1972 The New York Times describiu traballos de Ferde Grofé (especialmente A Symphony in Steel de 1935) como parte "do seu xénero de 'música industrial' [que] recurríu a instrumentos como catro pares de zapatos, dúas vasoiras, unha campá de locomotora, un trade pneumático e un tanque de aire comprimido".[4] Aínda que esas composicións non está ligadas directamente co novo xénero, eses son os primeiros exemplos de música deseñada para imitar o ruído de maquinaria e a atmosfera dunha fábrica.

No seu libro Interrogation Machine: Laibach and NSK, Alexei Monroe argumenta que Kraftwerk tivo un significado particularmente importante no desenvolvemento da música industrial, como os "primeiros artistas en incorporar con éxito representacións de sons industriais dentro da música electrónica non académica".[5] A música industrial creouse orixinalmente usando maquinaria mecánica e eléctrica, e posteriormente sintetizadores avanzados, samplers e percusión electrónica cando a tecnoloxía se desenvolveu. Monroe tamén fala de Suicide como unha influencia contemporánea para os músicos industriais.[5] Entre os grupos citados como inspiradores polos fundadores da música industrial atópanse The Velvet Underground, Joy Division e Martin Denny.[6] Genesis P-Orridge de Throbbing Gristle ten unha biblioteca de casetes que inclúe gravacións de Master Musicians of Jajouka, Kraftwerk, Charles Manson e William S. Burroughs.[7] P-Orridge tamén acreditou ao rock dos 60 de artistas como The Doors, Pearls Before Swine, The Fugs, Captain Beefheart e Frank Zappa nunha entrevista de 1979.[8]

Chris Carter tamén atopou inspiración en Pink Floyd e Tangerine Dream. Boyd Rice foi influenciado pola música dos girl groups dos 60 e pola cultura tiki.[9] Z'EV citou a Christopher Tree (Spontaneous Sound), John Coltrane, Miles Davis, Tim Buckley, Jimi Hendrix e Captain Beefheart, entre outros, xunto con música do Tíbet, Balí, Xava, a India e África como moi influentes na súa vida artística.[10] Cabaret Voltaire citou a Roxy Music como os seus precursores iniciais, ademais do Trans-Europe Express de Kraftwerk.[11] Cabaret Voltaire tamén gravou pezas que recordaban á musique concrète e a compositores como Morton Subotnick.[12] Nurse with Wound citou unha longa lista de improvisación libre escura e a ao Krautrock como escoitas recomendadas.[13] 23 Skidoo inspirouse en Fela Kuti e no On the Corner de Miles Davis.[14] Moitos grupos industriais, como Einstürzende Neubauten, inspiráronse nas músicas do mundo.[15]

Moitos dos primeiros músicos industriais preferiron citar a artistas ou pensadores, no canto de músicos, como a súa inspiración. Simon Reynolds declarou que "ser un fan de Throbbing Gristle era como enrolarse nun curso universitario de extremismo cultural".[16] John Cage foi un dos primeiros inspiradores para Throbbing Gristle.[17] SPK apreciaban a Jean Dubuffet, Marcel Duchamp, Jean Baudrillard, Michel Foucault, Walter Benjamin, Marshall McLuhan, Friedrich Nietzsche e Gilles Deleuze, ademais de inspirarse no manifesto do Colectivo Socialista de Pacientes. Cabaret Voltaire colleu pistas conceptuais de Burroughs, J. G. Ballard e Tristan Tzara. Whitehouse e Nurse with Wound dedicaron algún do seu traballo ao Marqués de Sade; esta última banda tamén se inspirou no Conde de Lautréamont.[18]

Outra influencia da estética industrial foi o Metal Machine Music de Lou Reed. Pitchfork Music cita este álbum como "inspirando, en parte, gran parte da escena da música avant-garde contemporánea, en particular do noise".[19] O álbum está formado na súa totalidade por retroalimentación de guitarra, anticipando o uso industrial de sons non musicais. The New York Times dixo da banda estadounidense de avant-garde The Residents que "presaxiara formas de punk, new wave e música industrial".[20]

Industrial Records editar

Industrial Music for Industrial People (música industrial para xente industrial) foi orixinalmente cuñado por Monte Cazazza[21] como o eslogan para a discográfica Industrial Records, fundada polos provocadores británicos Throbbing Gristle.[22] A primeira onda desta música apareceu con Throbbing Gristle, dende Londres; Cabaret Voltaire, dende Sheffield;[23] e Boyd Rice (gravando baixo o nome de NON), dende os Estados Unidos.[24] Throbbing Gristle comezou a actuar en 1976,[25] e naceu como un proxecto paralelo á banda baseada en Kingston upon Hull COUM Transmissions.[26] COUM fora inicialmente un grupo de rock psicodélico, pero comezou a describir o seu traballo como performance co obxectivo de conseguir bolsas do Consello de Artes de Gran Bretaña.[17] COUM estaba formado por P-Orridge e Cosey Fanni Tutti.[17] Fundado en 1972, COUM escenificou vaias performances inspiradas por Fluxus e Viennese Actionism. Estas incluían varios actos de abxección sexual e física.[27] Peter Christopherson, un empregado do colectivo Hipgnosis, uniuse ao grupo en 1974 e Carter fíxoo no ano seguinte.[28]

O grupo pasou a chamarse Throbbing Gristle en setembro de 1975, procedendo ese nome dunha expresión da xerga inglesa do norte para referirse a unha erección.[28] A primeira actuación pública da banda, en outubro de 1976, foi xunto cunha exposición titulada Prostitution, que incluía fotografías pornográficas de Tutti, así como tampóns usados. O político conservador Nicholas Fairbairn declarou que "os cartos públicos están sendo malgastados aquí para destruír a moralidade da nosa sociedade" e criticou ao grupo como "demoledores da civilización".[29] A banda anunciou a súa disolución en 1981, declarando que a súa "misión" tiña "rematado".[30]

Wax Trax! Records editar

O selo discográfico de Chicago Wax Trax! Records destacou na atención xeneralizada que a música industrial comezou a conseguir a principios dos 80. A discográfica fora creada por Jim Nash e Dannie Flesher. O seu primeiro lanzamento oficial foi un EP en 1980 titulado Immediate Action de Strike Under. O selo pasaría a distribuír algúns dos nomes máis notables da música industrial durante os anos 80 e 90. Wax Trax! tamén se encargou de distribuír nos Estados Unidos edicións do selo belga Play It Again Sam Records, e tiña unha oficina en América do Norte chamada Play It Again Sam U.S.A. como unha división de Wax Trax!. A discográfica foi vendida a TVT Records en 1992. Cando TVT pechou as súas portas e en 2001, Wax Trax! reapareceu cun nome distinto, WTII Records (Wax Trax 2 Records), publicando música industrial e outras formas de música electrónica.

Expansión da escena editar

As bandas Clock DVA,[31] Nocturnal Emissions,[32] Whitehouse,[33] Nurse with Wound[34] e SPK[35] apareceron ao pouco tempo. Whitehouse intentou tocar "a música máis brutal e extrema da época", un estilo que finalmente chamaron power electronics.[30] Un dos primeiros colaboradores de Whitehouse, Steve Stapleton, formou Nurse with Wound, que experimentou coa escultura de ruído e o collage sonoro.[36] Clock DVA colleu elementos do automatismo surrealista o funk e a body music.[14] 23 Skidoo, ao igual que Clock DVA, mesturou música industrial con música dance afroamericana, pero tamén interpretou un resposta á world music. A banda actuou no primeiro WOMAD Festival en 1982 e comparouse co gamelan indonesio.[37] A banda sueca Leather Nun fichou con Industrial Records en 1978, sendo o primeiro artista non relacionado con Throbbing Gristle ou Cazazza en editar co selo.[21] Os seus sinxelos finalmente conseguiron ser radiados con frecuencia nas radios universitarias dos Estados Unidos.[38]

A través do Atlántico tiveron lugar experimentos semellantes. En San Francisco, o artista de performance Monte Cazazza comezou a gravar música noise.[39] Boyd Rice publicou varios álbums de noise, con drones de guitarra e loops de cinta creando unha cacofonía de sons repetitivos.[40] En Boston, Sleep Chamber e outros artistas de Inner-X-Musick comezaron a experimentar cunha mestura de ruído potente e primeiras formas de EBM. En Italia, o traballo de Maurizio Bianchi a principios dos 80 tamén compartía esta estética.[41] En Alemaña, Einstürzende Neubauten mesturou percusión metal, guitarras, e instrumentos pouco convencionais (como martelos pneumáticos e ósos) nas súas actuacións que adoitaban a danar os locais nos que se celebraban.[42] Blixa Bargeld, inspirado por Antonin Artaud e un entusiasta das anfetaminas, tamén orixinou un movemento artístico chamado Die Genialen Dilettanten.[43]

En xaneiro de 1984 Einstürzende Neubauten interpretou un Concerto para Voz e Maquinaria no Instituto de Arte Contemporánea (o mesmo sitio que a exposición Prostitution de COUM), tradeando o chan e finalmente causando un altercado.[44] Este evento saíu en portadas de xornais de toda Inglaterra.[44] Outros grupos que practicaban unha forma de "música metal" (producida golpeando metal contra metal) son Test Dept,[45] Laibach[46] e Die Krupps, ademais de Z'EV e SPK.[15] Test Dept inspirouse enormemente no futurismo ruso e xirou para apoiar a folga dos mineiros británicos de 1984-85.[47] Skinny Puppy abrazou unha variedade de antepasados do industrial e creou un todo tambaleante e imparable a partir de moitas pezas. Swans, de Nova York, tamén practicou unha estética musical metálica, aínda que dependendo da instrumentación rock tradicional.[48] Laibach, un grupo esloveno que naceu mentres Iugoslavia aínda era un único estado, foi moi controvertido polos seus préstamos iconográficos das imaxes estalinistas, nazis, titoístas, dadaistas e do futurismo ruso, confrontando o patriotismo iugoslavo co seu adversario, o autoritarismo alemán.[49] Slavoj Žižek defendeu a Laibach argumentando que eles e o seu grupo artístico asociado, Neue Slowenische Kunst, practican unha sobreidentificación co gozo perverso oculto de apuntalar á autoridade que produce un efecto subversivo e liberador.[50] En linguaxe máis sinxela, Laibach practicou un tipo de agitprop que fora amplamente usado por artistas industriais e punks nos dous lados do Atlántico.

Tras a separación de Throbbing Gristle, P-Orridge e Christopherson fundaron Psychic TV e ficharon por un gran selo.[51] O seu primeiro álbum era moito máis accesible e melódico que o estilo industrial normal, e incluía traballo contratado de músicos formados.[52] Posteriormente a banda regresou ao collage sonoro e elementos noise da primeira música industrial,[53] e tamén colleu elementos do funk e da música disco. P-Orridge tamén fundou Thee Temple ov Psychick Youth, unha organización case relixiosa que producía vídeo arte.[54] As aspiracións comerciais de Psychic TV foron dirixidas por Stevo de Some Bizzare Records, que publicou a moitos artista da segunda onda da música industrial, incluídos Einstürzende Neubauten, Test Dept e Cabaret Voltaire.[55]

Os membros de Cabaret Voltaire fixéronse amigos dos de New Order e comezaron a practicar unha forma semellante de electropop bailable.[56] Christopherson deixou Psychic TV en 1983 e formou Coil con John Balance. Coil usou gongs e rombos nun intento de conxurar "enerxía homosexual marciana".[57] David Tibet, un amigo dos membros de Coil, formou Current 93; os dous grupos estaban inspirados polas anfetaminas e o LSD.[58] J. G. Thirlwell, un coprodutor de Coil, desenvolveu unha versión de comedia negra na música industrial, collendo prestados elementos do lounge, ademais de do noise e da música de películas.[59] A principios dos anos 80, o selo de Chicago Wax Trax! e o do Canadá Nettwerk contribuíron a expandir o xénero da música industrial aos xéneros de rock electroindustrial e industrial máis accesibles.[22]

Características e historia editar

O nacemento da música industrial foi unha resposta a "unha era [na cal] o acceso e control da información estaba converténdose nunha das principais ferramentas de poder".[60] No seu nacemento o xénero era diferente a calquera outra música, e o seu uso de tecnoloxía e letras e temas perturbadores para esnaquizar preconcepcións sobre as regras necesarias da forma musical apoia a suxestión de que a música industrial e música modernista.[60] Os propios artistas fixeron explícitos estes obxectivos, mesmo conectandoos con cambios sociais que desexaban defender a través da súa música.

Na páxina web de Industrial Records explícase que os músicos querían reinventar a música rock, e que os seus discos sen censurar falaban sobre a súa relación co mundo.[61] Continúan dicindo que querían que a súa música fose un espertar para os oíntes para que comezasen a pensar por eles mesmos e a cuestionar a súa relación co mundo que os rodeaba. Industrial Records pretendía que o termo industrial evocase a idea de música creada para unha nova xeración, sendo a música anterior máis agrícola: P-Orridge afirmou que "hai unha ironía na palabra 'industrial' porque existe a industria da música. E despois está a broma que adoitábamos a facer en entrevistas sobre a produción dos nosos discos como coches -ese sentido de industrial. E... ata entón a música baseárase no blues e na escravitude, e nos críamos que era o momento de actualizala polo menos ata a era victoriana - xa sabes, a Revolución Industrial".[62]

Os instrumentos tradicionais adoitaban a tocarse de xeito non tradicional ou eran fortemente modificados. Moitos dos músicos tamén construía o seu propio equipamento. Chris Watson de Cabaret Voltaire fabricou un fuzzbox personalizado para a guitarra deRichard H. Kirk, que producía un timbre único. Chris Carter construíu altofalantes, unidades de efectos e módulos de sintetizadores, ademais de modificar intrumentos rock convencionais, para Throbbing Gristle.[27] Cosey Fanni Tutti tocaba a guitarra cun slide co obxectivo de producir glissandi, ou batía nas cordas coma se fose un instrumento de percusión.[63] Throbbing Gristle tamén tocaba a un volume moi alto e producía frecuencias ultra-altas e subgraves nun intento de producir efectos físicos, chamando ao seu enfoque "música metabólica".[64]

As voces eran esporádicas, e podían ser tanto como as do bubblegum pop como abrasivas e polémicas. As voces de Stephen Mallinder de Cabaret Voltaire estaban tratadas electronicamente.[65]

O propósito da música industrial inicialmente era o de servir como un comentario sobre a sociedade moderna evitando o que os artistas vían como trilladas conexións co pasado. Throbbing Gristle opoñía os elementos da música rock tradicional que permanecía na escena punk rock, declarando que o industrial era "anti-música".[63] As primeiras actuacións do industrial frecuentemente implicaban elementos tabú provocativos como mutilación, sadomasoquismo, e imaxes ou simbolismos totalitarios, ademais de formas de abuso do público,[66] como facía Throbbing Gristle apuntando potentes focos á audiencia.[67]

Os grupos de industrial centrábanse normalmente en temas transgresores. Na súa introdución ao libro Industrial Culture Handbook (1983), Jon Savage considerou algunhas das características distintivas da músca industrial como a autonomía origanizativa, as tácticas de choque, e o uso de sintetizadores e "anti.música".[66] Ademais, un interese na investigación de "cultos, guerras, técnicas psicolóxicas de persuasión, asasinatos pouco habituais (especialmente cometidos por nenos e psicópatas), patoloxía forense, venereoloxía, comportamentos en campos de concentración, historia de uniformes e insignias" e o magick de Aleister Crowley estaba presente no traballo de Throbbing Gristle, ademais de no doutros pioneiros industriais.[68] As gravacións e escritos de Burroughs foron particularmente influentes na escena, sobre todo o seu interese na técnica de recorte e no ruído como método para perturbar o control social. Moitos dos primeiros músicos indutriais estaban interesados no fascismo, aínda que non necesariamente simpatizaban con el.[69] O logo de Throbbing Gristle estaba baseado no símbolo da Unión Británica de Fascistas, mentres que o logo de Industrial Records era unha foto de Auschwitz.[70]

Expansión e ramificacións editar

A medida que algunhas das bandas orixinais se comezaron a afastar do xénero nos anos 80, a música industrial expandiuse para incluír grupos influenciados polo new wave, o hip hop, o jazz, a música disco, o reggae, e o new age, ás veces incorporando composicóns do pop.[71] Varios estilos adicionais desenvolvéronse a partir da aínda base ecléctica da música industrial. Estas ramificacións inclúen fusións coa música noise, a música ambient, o folk, o post-punk e a música dance electrónica, ademais doutras mutacións e desenvolvementos. A escena espallouse por todo o mundo, e está particularmente ben representada en América do Norte, Europa e o Xapón. Subestilos inspirados pola música industrial son o dark ambient, o power electronics, o Japanoise, o neofolk, o electro-industrial, o electronic body music, o hip hop industrial, o rock industrial, o metal industrial, o pop industrial, o martial industrial, o power noise, e o witch house.

 
Trent Reznor, líder de Nine Inch Nails, en 1991

Éxito mainstream editar

Nos anos 90 a música industrial chegou ao gran público. O xénero, previamente ignorado ou criticado polos xornalistas musicais, fíxose popular entre a mocidade de clase media das áreas suburbanas e rurais. Nesa época o xénero volvérase o suficientemente amplo como para que o xornalista James Greer o chamase "o tipo de termo xeral sen sentido que algunha vez foi a nova onda".[72] En decembro de 1992 o EP de Nine Inch Nails Broken foi certificado platino pola RIAA.[73] Nine Inch Nails gañou aínda máis popularidade co lanzamento en 1994 do seu álbum The Downward Spiral. O disco vendeu case 119 000 copias na súa primeira semana.[74] The Downward Spiral foi certificado 4 veces platino pola RIAA en 1998.[75] O álbum de remesturas de NIN Further Down the Spiral, editado en maio de 1995, foi certificado ouro en xuño de 1996.[76] O seu álbum de 1999 The Fragile foi número 1 da lista Billboard 200 o 9 de outubro dese ano[77] e tamén foi certificado dúas veces platino en xaneiro de 2000.[78] Co éxito de Nine Inch Nails, o seu álbum de estrea Pretty Hate Machine (1989) chegou a ser dúas veces platino en setembro de 1995 e posteriormente foi tripla platino en maio de 2003.[79] Nos anos 90 catro cancións do grupo entraron na lista Billboard Hot 100.[80] Varios artistas de rock industrial e metal industrial como KMFDM, Fear Factory, Gravity Kills e Sister Machine Gun apareceron na banda sonora do filme de 1995 Mortal Kombat.[81] A banda sonora foi certificada platino pola RIAA en xaneiro de 1996.[82]

 
Marilyn Manson en 2015

Marilyn Manson publicou o seu álbum Antichrist Superstar en 1996. O disco vendeu 132 000 na súa primeira semana e foi certificado platino pola RIAA dous meses despois do seu lanzamento.[83] Só nos Estados Unidos o álbum chegou a vender máis de 1 900 000 unidades.[84] O seu EP Smells Like Children foi certificado platino en maio de 1998[85] e o seu álbum Mechanical Animals foi número 1, vendendo 223 000 copias na súa primeira semana á venda, sacando a The Miseducation of Lauryn Hill de Lauryn Hill do primeiro posto.[86] Mechanical Animals foi certificado platino en febreiro de 1999[87] e vendeu máis de 1 400 000 unidades só nos Estados Unidos.[88] Orgy tamén tivo éxito entre o gran público durante os anos 90. O seu álbum de 1998 Candyass foi certificado platino en xullo de 1999.[89] A versión que fixo Orgy da canción de New Order "Blue Monday" chegou ao número 56 da lista Billboard Hot 100 e ao 2 da Dance Club Songs. White Zombie experimentou co metal industrial no seu álbum de 1995 Astro-Creep 2000,[90] que foi certificado dúas veces platino en marzo de 1996.[91] Rob Zombie, o vocalista de White Zombie, comezou a crear álbums puros de metal industrial durante a súa carreira en solitario. O seu estudio de estrea só, Hellbilly Deluxe, foi certificado tripla platino pola RIAA en menos de dous anos tras o seu lanzamento.[92] En novembro de 1999 o álbum Tonight the Stars Revolt! de Powerman 5000 foi certificado platino.[93] O álbum vendeu máis de 1 300 000 nos Estados Unidos.[94] Aínda que a popularidade da música industrial en xeral declinou nos anos 2000, tanto Nine Inch Nails como Marilyn Manson continuaron sendo bastante populares durante esa década. O álbum de 2005 de Nine Inch Nails With Teeth foi número 1 na Billboard 200,[77] vendendo 272 000 copias na súa primeira semana.[95] En outubro de 2007 With Teeth levaba vendidas 1 100 000 unidades nos Estados Unidos.[96] Durante esa década catro temas de Nine Inch Nails estiveron na lista Billboard Hot 100, incluída a canción "The Hand That Feeds", que chegaría ao número 31 da mesma.[97] O álbum de 2003 de Marilyn Manson The Golden Age of Grotesque foi número 1 da Billboard 200,[98] vendendo 118 000 copias na súa primeira semana.[99]

Notas editar

  1. "Industrial Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-10. 
  2. V.Vale. Re/Search #6/7: Industrial Culture Handbook, 1983
  3. "Industrail". Oxford English Dictionary (en inglés). Require subscrición. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2020. Consultado o 2020-07-11. 
  4. Henahan, Donal (1972-04-04). "Limned the Landscape". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-07-11. 
  5. 5,0 5,1 Monroe, p. 212
  6. RE/Search #6/7, p. 11-12
  7. RE/Search #6/7, p. 19
  8. Reynolds 2005, p. 225
  9. RE/Search #6/7, p. 67
  10. RE/Search #6/7, p. 117
  11. Reynolds 2005, pp. 154, 159
  12. Reynolds 2005, p. 156
  13. Reynolds 2005, p. 242
  14. 14,0 14,1 Reynolds 2005, p. 243
  15. 15,0 15,1 Reynolds 2005, p. 485
  16. Reynolds, Simon (2009-04-07). "Sonic Youth are caught under the influence". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2020-07-11. 
  17. 17,0 17,1 17,2 Reynolds 2005, p. 226
  18. Reynolds 2005, p. 242
  19. "Lou Reed". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-07-11. 
  20. Slotnik, Daniel E. (2018-11-03). "Hardy Fox, of the Avant-Garde Band the Residents (Maybe), Dies at 73". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-07-12. 
  21. 21,0 21,1 "Industrial Records". www.brainwashed.com. Consultado o 2020-07-12. 
  22. 22,0 22,1 Kilpatrick, Nancy. (2004). The goth bible : a compendium for the darkly inclined (1st ed ed.). New York: St. Martin's Griffin. ISBN 0-312-30696-2. OCLC 56630631. 
  23. RE/Search #6/7, p. 42-49
  24. RE/Search #6/7, p. 50-67
  25. Reynolds 2005, p. 224
  26. RE/Search #6/7, p. 17
  27. 27,0 27,1 Reynolds 2005, p. 227
  28. 28,0 28,1 RE/Search #6/7, p. 17
  29. Reynolds 2005, p. 229
  30. 30,0 30,1 Reynolds 2005, p. 240
  31. "Clock DVA | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  32. "Nocturnal Emissions | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  33. "Whitehouse | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  34. Reynolds 2005, p. 241
  35. RE/Search #6/7, pp. 92-105
  36. Reynolds 2005, pp. 241-242
  37. Reynolds 2005, pp. 243-244
  38. "Leather Nun | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-13. 
  39. RE/Search #6/7, pp. 68-81
  40. RE/Search #6/7, pp. 50-67
  41. "Maurizio Bianchi | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  42. "Einstürzende Neubauten | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-14. 
  43. Reynolds 2005, p. 484
  44. 44,0 44,1 Reynolds 2005, p. 486
  45. "Test Dept. | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-07-15. 
  46. Monroe, p. 222
  47. Reynolds 2005, p. 489
  48. Reynolds 2005, p. 487
  49. Monroe, p. 96
  50. Žižek, Slavoj. "Why are Laibach and NSK not Fascists?" (PDF). Retrogarde Reading Room. Consultado o 15 de xllo de 2020. 
  51. Reynolds 2005, p. 474
  52. Reynolds 2005, pp. 474-475
  53. Reynolds 2005, pp. 480-481
  54. Reynolds 2005, p. 476
  55. Reynolds 2005, p. 477
  56. Reynolds 2005, p. 478
  57. Reynolds 2005, pp. 481-482
  58. Reynolds 2005, p. 482
  59. Reynolds 2005, p. 483
  60. 60,0 60,1 Sarig, Roni. (1998). The secret history of rock : the most influential bands you've never heard. Nova York: Billboard Books. ISBN 0-8230-7669-5. OCLC 38595375. 
  61. "Industrial Records". brainwashed.com. Consultado o 2020-07-18. 
  62. RE/Search #6/7, pp. 9-10
  63. 63,0 63,1 Reynolds 2005, p. 230
  64. Reynolds 2005, p. 235
  65. Reynolds 2005, p. 170
  66. 66,0 66,1 RE/Search #6/7, p. 5
  67. Ford, 8.10
  68. RE/Search #6/7, p. 9
  69. E/Search #6/7, p. 105
  70. Thompson, Dave, 1960 January 3- (2000). Alternative rock. San Francisco: Miller Freeman Books. ISBN 978-0-87930-607-6. OCLC 44516822. 
  71. Industrial Index (en inglés). SPIN Media LLC. 1992-03. 
  72. Greer, Jim (marzo de 1992). "Nine Inches of Love". Spin 7: 36–43. 
  73. "Gold & Platinum - Broken". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-23. 
  74. Mayfield, Geoff (24 de marzo de 1994). "Between the Bullets: Warming Up". Billboard 106 (13): 135. ISSN 0006-2510. 
  75. "Gold & Platinum - The Downward Spiral". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  76. "Gold & Platinum - Further Down the Spiral". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  77. 77,0 77,1 "Nine Inch Nails". Billboard. Consultado o 2020-07-24. 
  78. "Gold & Platinum - The Fragile". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  79. "Gold & Platinum - Pretty Hate Machine". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  80. "Nine Inch Nails". Billboard. Consultado o 2020-07-24. 
  81. "Mortal Kombat [Original Soundtrack] - Original Soundtrack | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  82. "Gold & Platinum - Mortal Kombat". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  83. Dansby, Andrew; Dansby, Andrew (2003-05-21). "Manson Golden at Number One". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  84. "Gold & Platinum - Antichrist Superstar". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-24. 
  85. "Gold & Platinum - Smells Like Children". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  86. Boehlert, Eric; Boehlert, Eric (1998-09-24). "Marilyn Manson Shows He's Dope". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  87. "Gold & Platinum - Mechanical Animals". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  88. "Chart Watch Extra: Swift Joins An Elite Club - Chart Watch". web.archive.org. 2010-11-07. Archived from the original on 07 de novembro de 2010. Consultado o 2020-07-25. 
  89. "Gold & Platinum - Candyass". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  90. "Astro-Creep: 2000 - Songs of Love, Destruction and Other Synthetic Delusions of the Electric Head - White Zombie | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  91. "Gold & Platinum - Astro-Creep 2000". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  92. "Gold & Platinum - Hellbilly Deluxe". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  93. "Gold & Platinum - Tonight the Stars Revolt!". RIAA (en inglés). Consultado o 2020-07-25. 
  94. Blabbermouth (2003-11-06). "POWERMAN 5000: Is The End Near?". BLABBERMOUTH.NET. Consultado o 2020-07-25. 
  95. "NIN's 'Teeth' Sparkle At No. 1". Billboard. 2005-05-11. Consultado o 2020-07-25. 
  96. "Ask Billboard". Billboard. 2006-12-29. Consultado o 2020-07-25. 
  97. "Nine Inch Nails - Hot 100". Billboard. Consultado o 2020-07-25. 
  98. "Marilyn Manson - Billboard 200". Billboard. Consultado o 2020-07-25. 
  99. "Marilyn Manson Posts 'Grotesque' At No. 1". Billboard. 2003-05-21. Consultado o 2020-07-25. 

Bibliografía editar