Músculo opoñente do maimiño

O músculo opoñente do maimiño é un músculo do membro superior humano pertencente superior á man. Orixínase no gancho do óso ganchudo e na zona próxima da vaíña extensora. Insírese no bordo medial e na superficie palmar do quinto metacarpiano. Na súa base está furado polo nervio e arteria cubital.

Funcións editar

O opoñente do maimiño rota o quinto metacarpiano cara a palma da man, pero de xeito moito menos evidente que a rotación do polgar, debido a que a articulación neste punto é moito máis sinxela e á existencia dun ligamento metacarpiano transverso fondo.

Innervación editar

O opoñente do maimiño está innervado pola póla fonda do nervio cubital.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)