Músculo deltoide

músculo superficial do ombreiro

O músculo deltoide é un músculo superficial do ombreiro. A súa orixe áchase na clavícula e escápula, mentres que a inserción distal atópase no úmero. Está cuberto pola súa propia fascia.

Músculo deltoide
Músculos que conectan a extremidade superior á columna vertebral

Insercións editar

Proximais editar

  • Na clavícula, na parte externa do bordo anterior e parte da cara superior (zona antero-externa).
  • Na escápula insírese no beizo inferior do bordo posterior da espiña e no bordo externo do acromion.

Distal editar

  • No úmero, na superficie externa diafisaria, formando unha tuberosidade con forma de uve (uve deltoide). A parte do músculo que se insire é o tendón deltoide.

Relacións editar

É un músculo superficial cuberto pola pel e tecido subcutáneo.

Entre o deltoide e o pectoral maior áchase a canle deltopectoral, por onde pasan a vea cefálica (vea superficial do brazo) e un grupo de ganglios linfáticos asociados a tal vea.

Vascularización editar

É unha vascularización múltiple, que recibe a través de distintas ramas da arteria axilar.

Innervación editar

É innervado polo nervio circunflexo da escápula.

Acción editar

A acción fundamental é a da abdución ou elevación do membro superior ata a horizontal. Ademais, axuda a protexer a articulación glenoumeral.