Músculo braquiorradial

O músculo braquiorradial ou músculo supinador longo é un músculo do membro superior humano. Insírese cranialmente no úmero e caudalmente no radio.

Orixe e insercións editar

A orixe do músculo áchase na zona proximal da crista supracondílea do úmero. Insírese na apófise estiloide do radio. A medida que percorre o antebrazo, forma o límite lateral da fosa do cóbado.

Relacións editar

Ao longo do percorrido cobre o nervio radial, que o innerva. Na fosa do cóbado cobre a bifurcación deste nervio. Nas zonas máis distais soamente cobre á póla superficial, que discorre xunto á arteria radial.

Función editar

Flexor accesorio do cóbado cando o antebrazo está en pronación media.

Innervación editar

É innervado polo nervio radial, antes da bifurcación deste nunha póla superficial e noutra fonda.