Ménsula

elemento sustentante dunha estrutura, como un balcón, figura etc

Unha ménsula, do latín mensula[1] é un adorno que sobresae dunha superficie, xeralmente vertical, e que serve para soportar un arco abovedado, unha cornixa, unha figura, busto, vaso etc. Amplamente utilizado en estruturas de formigón, en obras de construción civil.[2]

Dúas ménsulas debaixo de cornixas.

Terminoloxía editar

As ménsulas de pedra ou madeira que sobresaen da parede para soster unha viga ou outros elementos por un extremo, en ocasións decorada con figuras humanas, animais, vexetais ou xeométricas, en especial cando coincide co extremo da trabe chámanse canzorros[3]. Ás veces "canzorro" tense empregado como sinónimo exacto de ménsula,[4] aínda que é tamén sinónimo de zapata ou zapatón.[5]. Unha ménsula con máis altura ca voo denomínase cartela[6].

Notas editar

  1. "Significado de mísula no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-08-27. 
  2. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Corbel". Encyclopædia Britannica (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). 
  3. "Dicionario visual da construción" (PDF). COAG. p. [cómpre nº de páxina]. 
  4. "Dicionario de dicionarios". ilg.usc.gal. Consultado o 27/8/2022. 
  5. "bUSCatermos; canzorro". aplicacions.usc.es. Consultado o 27/8/2022. 
  6. "cartela". bUSCatermos. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar