Máquina expendedora

máquina que serve produtos ó cliente automaticamente

Unha máquina expendedora é un dispositivo mecánico con compoñentes electromecánicos ou electrónicos empregado para a venda e distribución de produtos ou servizos. O obxecto é a venda e distribución autónoma, sen presenza humana, e de xeito automático. Existen máquinas expendedoras de todo tipo de produtos e servizos: larpeiradas, bebidas quentes ou frías, comida, artigos comerciais e todo tipo de servizos como entradas ou billetes.

Máquina expendedora de flores de Gamelsa na estación de autobuses de Oviedo.

En inglés as máquinas expendedoras son chamadas «vending machine», termo que se aplica a todo o sector como: vending.[Cómpre referencia]

Descrición xeral editar

Unha máquina expendedora en xeral componse de:

  • Carcasa exterior, xeralmente metálica e de seguridade.
  • Pantalla informativa para a selección de artigos, visualización de prezos e crédito.
  • Moedeiro para o cobro e dar voltas da compra.
  • Exposición de produtos e servizos en venda.
  • Caixón de recollida do produto mercado.

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.