Máquina de escribir

Unha máquina de escribir é un equipamento mecánico, electromecánico ou electrónico equipado con teclas que, cando accionadas, moven tipos, que imprimen letras, números e símbolos no papel, facilitando e dando maior axilidade ao proceso de escrita. As primeiras máquinas de escribir producidas, manuais con accionamento mecánico das teclas introducíronse en 1874,[1] aínda que non se fixeron de uso común nos despachos ata mediados da década de 1880.[2] Posteriormente, xurdiron as electromecánicas, con base de funcionamento mecánico, auxiliado por un motor eléctrico para diminuí­r o esforzo e dar maior axilidade na escrita. Finalmente, xurdiron as electrónicas, con accionamento dos tipos en margaridas ou esferas, capaces de alcanzar mellor velocidade e calidade de impresión, alén da posibilidade de corrección dos erros, con fitas correctivas.

Underwood utilizada por Francisco Fernández del Riego na década de 1950.
Máquina de escribir da década de 1970

Os últimos modelos para despachos posuían memoria interna e pequenos monitores, cunha forma próxima aos primeiros computadores persoais.

Historia editar

Aínda que moitas máquinas de escribir modernas teñen deseños semellantes, a súa invención foi desenvolvida por numerosos inventores que traballaban de xeito independente ou ben competindo uns con outros durante décadas. Os historiadores estiman que algunha forma de máquina de escribir se inventou en 52 ocasións.[3]

 
Máquina de escribir electrónica de 1989

En 1575, o impresor italiano Francesco Rampazetto inventou a scrittura tattile, unha máquina para imprimir letras no papel.[4] A primeira patente dun primitivo dispositivo de escribir mecanicamente atribúese a Henry Mill en 1713.[5]

 
Máquina de escribir en 1876

O italiano Pellegrino Turri introduciu, en 1808, o sistema de teclado para axudar a súa amiga cega, a condesa Carolina Fantoni da Fivizzano.[6] A primeira patente norteamericana foi a de William Austin Burt, de Detroit (1829),[7] cuxo contido foi destruído polo incendio do despacho de patentes de Washington, en 1836. Posteriormente, o mecánico norteamericano Carlos Thuber creou un modelo perfeccionado, con maior rapidez de escrita (1843). Outros nomes como os do inglés Jenkins e o francés Pogrin, colaboraron para a mellora da máquina.

As primeiras máquina imprimían só en maiúsculas. Foi Brooks quen conseguiu a impresión dos caracteres maiúsculos e minúsculos.

As primeiras que se fabricaron a finais do século XIX deixaban os mecanógrafos “ás cegas”, porque o mecanismo tapaba o papel e non era posíbel ver o que se tecleaba. O problema foi resolto grazas a Thomas Oliver, creador da Oliver Typewriter Company, a través da creación dun arranxo semicircular, que mantiña as barras de tipo afastadas da área de dixitalización.

Remington, que antes se dedicaba á produción de armas, foi a primeira empresa que investiu na produción dunha máquina de escribir, o 1 de marzo de 1873, en Ilion, Nova York, xa cunha configuración ben próxima ao modelo que se tornou popularmente coñecido en todo o mundo.

A partir de 1880, as máquinas de escribir pasaron a ser adoptadas polo mercado corporativo, en busca da lexitimación dos documentos comerciais que se producían en todas as transaccións.

O aumento da demanda despertou o interese das industrias polo novo produto, primeiro nos Estados Unidos e despois en Europa, con Alemaña como un dos principais polos, que axiña se espallou polos demais países industrializados.

O mercado de traballo tamén medrou coa necesidade de contratación de mecanógrafos, capaces de operar as novas máquinas con velocidade e precisión. Con iso, as mulleres pasaron a ter espazo nos despachos e nas redaccións, asumindo funcións nas áreas administrativas, o que consistiu nun dos primeiros movementos para a conquista dos dereitos das mulleres.

A última fábrica que produciu máquinas de escribir non eléctricas, a Godrej and Boyce de Bombai, na India, pechou en 2011, despois de vender menos de mil exemplares o último ano, definitivamente converteuse nunha peza de museo.[8]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Cortada, James W. (2015). Before the Computer: IBM, NCR, Burroughs, and Remington Rand and the Industry They Created, 1865–1956. Princeton University Press. p. 38. ISBN 978-1-4008-7276-3. Arquivado dende o orixinal o 2018-06-26. 
  2. "Typewriters". www.officemuseum.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2016. 
  3. Acocella, Joan (9 de abril de 2007). "The Typing Life: How writers used to write". The New Yorker. Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2013. 
  4. "Scrittura | Museo dinamico della tecnologia Adriano Olivetti". museocasertaolivetti.altervista.org (en italiano). https://translate.google.pl/translate?hl=en&sl=it&u=http://museocasertaolivetti.altervista.org/scrittura/&prev=search. Arquivado dende o orixinal o 2017-06-21. Consultado o 2017-07-21. 
  5. "Henry Mill Patents". Todayinsci.com. Arquivado dende o orixinal o 2012-11-28. Consultado o 2012-03-30. 
  6. "Italian Inventors and their Inventions". YourGuideToItaly.com. 2010. Consultado o 2011-01-25. 
  7. William Austin Burt's Typographer. Science Museum. 1829. 
  8. The Daily Mail anunciando o pechamento

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Adler, M.H. (1973). The Writing Machine: A History of the Typewriter. Allen and Unwin
  • Beeching, Wilfred A. (1974). Century of the Typewriter. St. Martin's Press. pp. 276 Beeching was the Director of the British Typewriter Museum
  • Freire, Numa. Teoria e prática da mecanografia. São Paulo: Editora Atlas, 1961

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar