Lyra ou Lira[1] é unha constelación pequena pero facilmente identificable pola súa estrela Vega que é o vértice do denominado "triángulo de verán" (as outras dúas estrelas son Deneb, na constelación Cisne e Altair, na Aguia).

Lyra
Lyra
Nome latino Lira
Abreviatura Lyr
Xenitivo Lyrae
Simboloxía a Lira
Ascensión recta 19 h
Declinación 40°
Área 286 graos cadrados

Rango 52º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

1
Estrela máis brillante Vega (α Lyrae)

(magnitude ap. 0.03)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −40°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto

Mitoloxía editar

 
Cygnus e Lyra.

Segundo a mitoloxía grega, tratase da lira das Musas, que foi inventada por Hermes, este deulla a Apolo, quen lla cedeu ó músico Orfeo, fillo da musa Calíope, para que deleitase á humanidade coa súa música. Cando Orfeo morreu a mans das bacantes de Tracia, a súa lira foi colocada por Zeus entre as constelacións.

Obxectos Notables do espazo profundo editar

Cabe destacar M57, unha das nebulosas planetarias mellor estudadas cunha magnitude total de 8.8, chamada tamén nebulosa do anel de Lyra estimase que ten entre 6.000 e 8.000 anos de idade; o cúmulo globular M56 a unha distancia de 32.900 anos luz e un diámetro de 85 anos luz; así coma NGC 6791, un cúmulo aberto rico que conta con aproximadamente 300 estrelas. Tamén menciona-los casos das estrelas variables RR Lyrae e Beta Lyrae, que teñen dado nome a dous tipos de variables distintas: a primeira de período curto e a segunda de tipo 'eclípsante'.

Estrelas principais editar

  • α Lyr (Vega): unha brillante estrela azulada situada a uns 27 anos luz da Terra de magnitude 0,03 que pode verse no cénit durante as noites de verán, é a quinta estrela en brillo do firmamento e a segunda do hemisferio norte (despois de Arcturus); a súa clase espectral é A0 V e fica a unha distancia de tan só 25,3 anos luz.
  • β Lyr (Sheliak): un grupo de binarias eclipsantes que ademais dan nome a este tipo de estrela variable, as variables Beta Lyrae (3.45m, pertence a clase espectral B8 II) .
  • γ Lyr (Sulafat): a estrela principal deste sistema estelar múltiple é de magnitude 3,24e clase espectral B9 III.
  • En torno á estrela Delta2 Lyrae existe un pequeno e novo cúmulo de estrelas dispersas, Stephenson 1[2], formado por uns 240 astros de diversos tipos espectrais e cores entre magnitudes 8 e 14; Delta2 é tamén unha estrela variable vermella (espectro M4 II) de pequena amplitude. En febreiro do 2008 investigadores españois (do Observatorio Astronómico de Cáceres) descubriron que unha das súas estrelas, BD +36 3317[3], é un sistema binario eclípsante cun período de 4,30216 días.
  • ε Lyr: coñecida coma a estrela cuádrupla, ou tamén chamada "a Dobre Dobre" por que cada unha das súas compoñentes máis brillantes están moi pechadas sobre si (moi próximas ás súas respectivas compañeiras).
  • ζ Lyr, é unha estrela dobre fácil de ver cuns prismáticos, está formada por un astro de magnitude 4,3 e outro de magnitude 5,7 separados por unha distancia de 44".
  • RR Lyr, é unha estrela variable que dá nome a este grupo de astros púlsantes de curto período (Estrelas RR Lyrae).
  • Kuiper 90 tamén coñecida coma 17 Lyrae C (Gliese 747AB), é unha anana vermella preto de 17 Lyrae, está a 26 anos luz da Terra, o seu período é de 5 anos e ten unha magnitude de 11,26 na banda V .

Notas editar

  1. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  2. [1]
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2008. Consultado o 02 de xullo de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar