O lunfardo foi unha xerga orixinada e desenvolvida en Buenos Aires, capital da República Arxentina, e a súa conurbación;[1][2] tamén noutras cidades próximas como Santa Fe e Rosario (na provincia de Santa Fe) e Montevideo (no Uruguai) contribuíron desde o principio ao seu desenvolvemento. Estas catro cidades vivían unha situación sociocultural moi semellante debido en gran medida á actividade portuaria e á enorme inmigración de distintas partes de Europa, principalmente italiana e española, ocorrida a finais do século XIX e principios do XX na zona do río da Prata e arredores onde, en definitiva, se concentraríase a riqueza económica de ámbolos dous países. Despois de sinalar a dificultade que existe en precisar o concepto de lunfardo, Mario Teruggi inclínase a dicir que é unha "fala popular arxentina composta de palabras e expresións que non están rexistradas nos dicionarios casteláns correntes"[3] para aclarar máis adiante que "os lunfardismos son propios da fala subestándar popular e que de ningunha maneira os cultismos e outros termos elevados poden incluírse nesa categoría".[4]

Notas editar

  1. "Historia del Lunfardo, con reseñas en periódicos del siglo XIX.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xaneiro de 2011. 
  2. Definición de la palabra "Lunfardo" según la RAE.
  3. Teruggi (1974), p. 26
  4. Teruggi (1974), p. 28

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teruggi, Mario: Diccionario de voces lunfardas y rioplatenses. 1998.
  • Teruggi, Mario: Panorama de lunfardo (1974). 2.ª edición: 1979.