O denominado lume grego era unha arma naval usada polo Imperio Bizantino, supostamente inventada por un refuxiado cristián sirio chamado Calínico, orixinario de Heliópolis cara a 671 ou 673. Algúns autores pensan que Calínico recibiu o segredo do lume grego dos químicos de Alexandría. Lanzaba un chorro de fluído ardente, e podía empregarse tanto en terra como no mar, aínda que se utilizou preferentemente no mar.

Uso do lume grego, segundo un manuscrito bizantino.

Grazas a ela, a mariña do Imperio conseguiu rexeitar un masivo ataque naval dos árabes, constituíndo así un freo ás intencións expansionistas do islam, e salvando, literalmente, a Europa Occidental.

Fabricación editar

Consistía no lanzamento dunha mestura viscosa que segundo estudos recentes estaba composta de sete ingredientes:

  • petróleo en bruto, ou
  • nafta, para que flotase sobre a auga,
  • xofre, que ao entrar en combustión, emite vapores tóxicos,
  • cal vivo, que prende ao entrar en contacto coa auga,
  • resina, para activar a combustión dos ingredientes,
  • graxas para aglutinar todos os elementos,
  • nitrato potásico, salitre, que desprende osíxeno ao prender, permitindo desta forma que o lume continúe ardendo baixo a auga.

Tras lanzar a mestura a través duns longos tubos instalados na embarcación, a mestura entraba en ignición ao contacto coa auga, incendiando as embarcacións inimigas.

O motivo polo que se descoñece a súa composición é moi simple: a mariña bizantina da Alta Idade Media era, moitísimo, a dona do Mediterráneo Oriental, e na posesión do lume grego estaba unha das claves da súa superioridade, de maneira que esta arma considerábase un segredo.[Cómpre referencia]

Algúns historiadores ingleses din que a Armada Invencible sucumbiu ante Francis Drake, que ideou unha fileira de barrís de lume grego incendiados xusto ao atravesalos na batalla do Canal da Mancha.