Luiz Felipe Scolari

futbolista brasileiro

Luiz Felipe Scolari alcumado Felipão, nado o 9 de novembro de 1948 en Passo Fundo, Río Grande do Sur, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro.

Luiz Felipe Scolari
Información persoal
Nome Luiz Felipe Scolari
Nacemento 9 de novembro de 1948 (75 anos)
Lugar de nacemento Passo Fundo
Altura 1,82
Posición defensa
Información de club
Club actual Athletico Paranaense (ad.)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1973–1979 Caixas do Sul
1980 EC Juventude
1980–1981 SC Novo Hamburgo
1981 CS Alagoano
Adestrador
1982 CSA
1982–1983 Juventude
1983 Brasil de Pelotas
1984–1985 Al-Shabab
1986 Esporte Clube Pelotas
1986–1987 EC Juventude
1987 Grêmio‎
1988 Goiás
1988–1990 Kuwait Qadsia SC
1990 Kuwait Kuwait
1990 Coritiba
1991 Criciúma
1991 Al-Ahli
1992 Kuwait Qadsia SC
1993-1996 Grêmio‎
1997 Júbilo Iwata
1997–2000 Palmeiras
2000–2001 Cruzeiro
2001–2002 Brasil
2003–2008 Portugal Portugal
2008–2009 Inglaterra Chelsea
2009–2010 Uzbekistán Bunyodkor
2010–2012 Palmeiras
2012–2014 Brasil
2014–2015 Grêmio‎
2015–2017 República Popular da China Guangzhou
2018–2019 Palmeiras
2020–2021 Cruzeiro
2021 Grêmio‎
2022– Athletico Paranaense
Na rede
IMDB: nm1528462 FIFA: 183739 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Despois dunha breve carreira como futbolista profesional dedicouse aos bancos, dirixindo a un gran número de equipos tanto do Brasil coma de países coma Kuwait, Xapón ou Arabia Saudita. En xuño de 2001 faise cargo da Selección de fútbol do Brasil por primeira vez, substituíndo no posto a Émerson Leão. Coa canarinha foi campión do Mundial de Corea e o Xapón 2002, porén tras o título renunciou ao cargo.

Ao ano seguinte de deixar o posto foi nomeado seleccionador de Portugal, equipo co que volveu facer moi bo papel, tanto na Eurocopa de 2004 (finalista) coma no Mundial de Alemaña 2006 (semifinalista). Deixou o equipo trala Eurocopa de 2008.

En xuño de 2008 fichou polo Chelsea FC, porén non tivo sorte no equipo inglés e deixou o equipo en febreiro de 2009, fichando a finais dese ano polo FC Bunyodkor da liga uzbeka.

Tras un breve paso polo Palmeiras o 28 de novembro de 2012 volveu ser nomeado adestrador da selección do Brasil de cara ao Mundial do Brasil 2014.

Participacións na Copa do Mundo editar

Mundial Equipo País Pts PX PG PE PP GF GC Dif
2002 Brasil   21 7 7 0 0 18 4 +14
2006 Portugal   13 7 4 1 2 7 5 +2
2014 Brasil   4 3 2 1 0 3 1 +2
Total nos seus equipos 38 15 12 2 2 28 10 +18

Palmarés editar

Torneos rexionais editar

Título Club País Ano
Campionato Alagoano Centro Sportivo Alagoano   Brasil 1981
Campionato Alagoano Centro Sportivo Alagoano   Brasil 1982
Campionato Gaucho Grêmio   Brasil 1987
Campionato Gaucho Grêmio   Brasil 1995
Campionato Gaucho Grêmio   Brasil 1996
Torneo Río-São Paulo Palmeiras   Brasil 2000
Copa Sul-Minas Cruzeiro   Brasil 2001

Torneos nacionais editar

Título Club País Ano
Copa Emir Kuwait Qadsia Sporting Club   Kuwait 1989
Copa do Brasil Criciúma   Brasil 1991
Copa do Brasil Grêmio   Brasil 1994
Campionato Brasileiro Grêmio   Brasil 1996
Copa do Brasil Palmeiras   Brasil 1998
Liga de Uzbekistán Bunyodkor   Uzbekistán 2009
Copa do Brasil Palmeiras   Brasil 2012

Torneos internacionais editar

Título Club País Ano
Copa de Nacións do Golfo Kuwait   Kuwait 1990
Copa Libertadores de América Grêmio   Brasil 1995
Recopa Suramericana Grêmio   Brasil 1996
Copa Mercosur Palmeiras   Brasil 1998
Copa Libertadores de América Palmeiras   Brasil 1999
Copa Mundial de Fútbol Brasil   Brasil 2002
Copa Confederacións da FIFA Brasil   Brasil 2013

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar