Luisiana

estado dos Estados Unidos de América

Luisiana,[1][2] ou Louisiana,[3] é un dos 50 estados do Estados Unidos de América. Localízase no sur do país, á beira do golfo de México.

Modelo:Xeografía políticaLuisiana
State of Louisiana (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoGive Me Louisiana (en) Traducir (1970) Editar o valor em Wikidata

Lema«Union, Justice, Confidence» Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialPelecanus occidentalis (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumePelican State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aLois XIV de Francia Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 31°N 92°O / 31, -92Coordenadas: 31°N 92°O / 31, -92
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalBaton Rouge Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.657.757 (2020) Editar o valor em Wikidata (34,4 hab./km²)
Número de fogares1.751.956 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie135.382 km² Editar o valor em Wikidata
Auga17,52 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porGolfo de México, Río Mississippi, Lago Pontchartrain (pt) Traducir e Rio Sabine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude30 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Driskill (pt) Traducir (163 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoNova Orleáns (−2 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación30 de abril de 1812 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Louisiana (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador da Luisiana (pt) Traducir Editar o valor em WikidataJohn Bel Edwards (pt) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLouisiana State Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialLouisiana Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-LA Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1629543 Editar o valor em Wikidata

Sitio weblouisiana.gov Editar o valor em Wikidata

A historia, economía e cultura de Luisiana está moi asociada ao río Mississippi, o río máis longo do país, que desemboca no golfo de México. O inmenso delta do río localízase en Luisiana. A rexión onde actualmente se localiza Nova Orleáns, actualmente a maior cidade do estado, foi inicialmente explorada por franceses. Estes exploradores partiron de Quebec, e, seguindo o río Mississippi, chegaron á rexión onde actualmente se localiza o estado de Luisiana. Posteriormente, o Mississippi, servindo como unha ruta de grande importancia, fixeron do estado un gran polo de transportes.

Desde o final do século XVIII, Luisiana destacou por ser unha rexión multicultural. Foi colonizada inicialmente polos franceses, e formaba parte da provincia colonial de Luisiana, parte da Nova Francia. Pasou a control español en 1763, e novamente a control francés en 1800, para pasar definitivamente a control americano en 1803. A súa economía dependía inicialmente da agricultura, e utilizou grandes cantidades de escravos nos labores agrícolas. A partir do século XIX instaláronse no estado un gran número de alemáns, irlandeses e italianos, e o estado pasou a industrializarse. Actualmente, a economía do estado depende primariamente do refino e distribución de petróleo e derivados.

Luisiana foi bautizada así polo primeiro explorador que explorou a rexión, o francés René Robert Cavelier de La Salle, en homenaxe ao rei Lois XIV de Francia. Chamáselle tamén The Pelican State, que significa "O Estado Pelicano": os pelicanos eran moi comúns no litoral do estado, aínda que actualmente estean ameazados de extinción.

Historia editar

Vexa Historia de Luisiana

Xeografía editar

 
Mapa político de Luisiana.

Luisiana limita ao norte con Arcansas, ao leste con Mississippi, ao sur co golfo de México e a oeste con Texas. A metade do estado está cuberta por bosques. O estado está dividido polo río Mississippi, que desemboca no Golfo do México, no litoral de Luisiana, e que serve como fronteira natural entre o nordeste da Luisiana e o estado de Mississippi. O maior lago do estado é o lago Pontchartrain, con 1 620 quilómetros cadrados. O estado está cruzado por varios ríos e posúe centenas de lagos. Boa parte do estado, porén, posúe unha baixísima altitude e un terreo moi pouco accidentado. Por causa diso, calquera aumento no volume dos ríos pode desencadear grandes enchentes. Para tentar minimizar a ameaza das enchentes, os diques cobren preto de 2,8 mil quilómetros de litoral, e ríos, e canais desvían o exceso de auga das choivas a rexións onde este exceso non ameaza as áreas urbanas.

Luisiana pode ser dividida en tres distintas rexións:

  • O Val Fluvial do Río Mississippi esténdese ao longo do río Mississippi. Caracterízase polo seu terreo practicamente chan, e de baixa altitude (nunca superior a 30 metros). O Val Fluvial do Mississippí posúe as terras máis fértiles do estadoe as rexións deste val próximas á foz do río posúen as altitudes máis baixas do estado. O punto de menor altitude está localizado en Nova Orleáns, cunha altitude de 30 metros por baixo do mar. De feito, varias áreas desta rexión están localizadas por baixo do nivel do mar e, como moitas delas non están localizadas lonxe do litoral, son vulnerábeis á chegada de auga salgada fluíndo do golfo de México en dirección ao interior. Esta auga salgada acaba matando moita vexetación do interior do estado. A vexetación axuda a evitar a erosión e, sen vexetación, gran parte do solo do litoral oceánico do Val Fluvial do Río Mississippi acaba sendo facilmente erosionado polo vento, choivas, tempestades e ondas. O estado perde preto de 130 quilómetros cadrados de superficie por ano. Os famosos diques que protexen moitas das áreas urbanas do estado localízanse todas nesta rexión.
 
Os diques tentan protexer as comunidades urbanas en áreas vulnerábeis a enchentes e inundacións.
  • As Chairas Orientais do Golfo de México localízanse no extremo nordeste do estado, ao nordeste do Val Fluvial do Mississippi. Caracterízase polo seu terreo levemente accidentado e altitude superior a 30 metros.
  • As Chairas Occidentais do Golfo de México son a maior rexión do estado, cubrindo preto de 60% da súa superficie. Localízase ao oeste do Val Fluvial do Mississippi. A rexión posúe baixas altitudes próximas ao litoral. Estas altitudes aumentan gradualmente á medida que se viaxa ao norte. O punto máis alto está no noroeste do Estado, con só 163 metros de altitude.

Clima editar

O clima de Luisiana é subtropical, con dúas estacións ben definidas: veráns quentes e húmidos e invernos lenes.

No inverno, a temperatura media diminúe á medida que se viaxa para o norte. O litoral posúe unha temperatura media de 13 °C no inverno, con mínimas variando entre -8 °C e 14, e máximas variando entre -3 °C e 20 °C. A media das mínimas é de 9 °C e a media das máximas é de 18 °C. No norte, a temperatura media é de 7 °C. Raramente a temperatura cae por baixo de -10 °C. A temperatura máis baixa rexistrada foi de -27 °C, en Minden, o 13 de febreiro de 1899.

No verán, as temperaturas máis altas son rexistradas no oeste en xeral. O oeste posúe unha media de 29 °C, e o interior unha media de 27,5 °C. A rexión metropolitana de Nova Orleáns posúe as temperaturas medias máis lenes do Estado durante o verán, grazas á proximidade de grandes masas de auga, o delta do río Mississippi, varios pantanos e lagos, e mais a proximidade do golfo de México. A temperatura media na rexión é de 26 °C. No xeral, a temperatura media varía pouco no verán. En Nova Orleáns, a media das mínimas é de 23 °C, e das máximas, de 33 °C. A temperatura máis alta rexistrada foi de 46 °C, en Plain Dealing, en 10 de agosto de 1936.

Luisiana posúe unha taxa de precipitación media anual de 145 centímetros. As precipitacións son maiores na rexión metropolitana de Nova Orleáns e menores no extremo noroeste, mais, en todo caso, a precipitación media anual non é menor de 130 centímetros en ningunha parte do estado. A alta taxa de precipitación media anual é unha das principais causas do temores de enchentes e inundacións na rexión. Despois do estado de Florida, Luisiana é o estado americano máis ameazado por furacáns e tempestades tropicais. A maior parte dos furacáns atinxen o estado en setembro ou en meses adxacentes.

Política editar

 
Tribunal de distrito de Beauregard.

A actual constitución de Luisiana entrou en vixencia en 1974 pero antes desta houbo outras 11. As emendas á Constitución precisan ser aprobadas pola maioría do electorado. Antes de que unha emenda sexa sometida a votación, debe ser creada polo Poder Lexislativo e aprobada por un mínimo de tres quintos dos membros da Cámara Lexislativa.

O Poder executivo consiste no gobernador. A poboación escólleo a través de eleccións estatais, para un mandato de 4 anos. Os gobernadores poden ser candidatos e gobernaren cantas veces quixeren pero, con todo, non poderán cumprir tres ou máis mandatos seguidos. O gobernador escolle os oficiais do Gabinete, oficiais que presiden sectores públicos tales como transporte e educación, por exemplo. O gobernador posúe o poder de vetar calquera lei.

O Poder lexislativo consiste nun Senado de 39 membros e unha Casa dos Representantes con 105 membros. Luisiana está dividida en 39 distritos senatoriais e 105 distritos representativos. A poboación de cada distrito elixe un senador/representante que atuará como representante deste distrito no Senado e na Casa dos Representantes. Os mandatos dos senadores son de 4 anos e os dos representantes de 2 anos.

O maior tribunal do Poder xudicial de Luisiana é o "Tribunal Supremo". Os 6 xuíces deste tribunal son escollidos polo gobernador para mandatos de 10 anos. O Poder Xudicial baséase no Código Napoleónico francés, e non na Common Law británica. Luisiana é o único estado dos Estados Unidos que adopta o Código Napoleónico como base xudicial.

Luisiana posúe a maior taxa de encarceramento do mundo: o un por cento da poboación da Louisiana está na cadea, 1 013 persoas por cada 100 mil habitantes.

Os Impostos estatais xeran preto de 45% do presuposto anual de Luisiana. O outro 65% vén de orzamentos fornecidos polo goberno federal.

Subdivisións editar

Luisiana está dividida en 64 parroquias diferentes. A parroquia é unha subdivisión similar a un condado. Dos 48 estados que compoñen os Estados Unidos continental, Luisiana é o único que non usa o termo condado como subdivisión estatal administrativa primaria. O termo "parroquia" vén dos tempos en que Luisiana fora colonizada polos franceses e polos españois.

Cando se converteu nun estado americano, en 1812, adoptou o sistema de condados. Porén, en 1845, o termo usado para designar estas subdivisións foi cambiado ao de parroquia, grazas á súa poboación maioritamente católica. Á parte do nome, as parroquias posúen as mesmas funcións que un condado, sendo responsábeis do fornecemento de certos servizos gobernamentais á poboación, especialmente policía, educación e mantemento de vías públicas en cidades de pequeno porte.

Demografía editar

Crecemento poboacional da Louisiana
Ano Habitantes
1810 76 556
1820 153 407
1830 215 739
1840 352 411
1850 517 762
1860 708 002
1870 726 915
1880 939 946
1890 1 118 588
1900 1 381 625
Ano Habitantes
1910 1 656 388
1920 1 798 509
1930 2 101 593
1940 2 363 880
1950 2 683 516
1960 3 257 022
1970 3 644 637
1980 4 206 098
1990 4 238 216
2000 4 468 976

O Censo dos Estados Unidos do 2000, da Oficina do Censo dos Estados Unidos, estimou a poboación de Louisiana en 4 468 976 habitantes, un crecemento de 6% sobre a poboación de 1990, de 4 238 216 habitantes. Unha estimativa realizada en 2003 estima a poboación do estado en 4 496 334 habitantes. Entre 1990 e 2004, a poboación creceu en torno do 6,5%.

Cerca do 74% da poboación viven en áreas urbanas, e o outro 26% en comunidades rurais. Quince cidades do estado posúen máis de 20 mil habitantes. Os centros metropolitanos de Luisiana son Alexandria, Baton Rouge, Houma, Lafayette, Lake Charles, Monroe, Nova Orleáns (a cidade máis populosa de Luisiana e centro da rexión metropolitana máis populosa do estado) e Shreveport - Bousier City.

Etnias editar

Segundo o censo dos Estados Unidos, as proporcións étnicas son as seguintes:

As maiores etnias do Estado son: franceses (16,2%), americanos (10,1%), alemáns (7,1%) e irlandeses (7%). Outras etnias minoritarias inclúen italianos e ingleses.

Os afroamericanos, que desde o inicio do século XIX forman o maior grupo racial en xeral de Luisiana, viven maioritamente nas rexións sueste, central e no norte do estado, principalmente ao longo do val do Mississippi. Os franceses habitan principalmente no sur, e os descendentes de ingleses nas rexións de maior altitude do norte.

O 91,2% da poboación do estado posúe o inglés como idioma materno, e 4,8% (215 mil habitantes) o francés. O español é o idioma materno do 2,5%.

Relixión

Principais cidades editar

 
Nova Orleáns.
Poboación > 10 000
(área urbanizada)
Poboación > 100,000
(área urbanizada)
Poboación > 1 millón (área urbanizada)
Suburbios de Nova Orleáns

Economía editar

 
Plataformas de extracción de petróleo e de gas natural. A extracción, refino, produción de derivados e a distribución destes produtos é unha das principais fontes de renda de Luisiana.

A economía de Luisiana é unha das maiores e de máis rápido crecemento de todos os Estados Unidos de América. Varias empresas instaláronse no estado por causa do clima da rexión e dos baixos impostos. O turismo e a agricultura, alén dun forte sector industrial, fan a economía do estado forte e diversificada. En 2003, o Produto Interior Bruto do estado foi de 550 000 millóns de dólares, e a renda per cápita, de 30 098 dólares.

O sector primario representa o 1,1% do PIB de Luisiana. A agricultura e a gandería representan o 1% do PIB e empregan preto de 70.000 persoas. O estado posúe preto de 29 mil facendas. Os principais produtos primarios do estado son cana de azucre, algodón, arroz e soia. A industria madeireira e a pesca representan xuntas o 0,1% do PIB, e empregan preto de 2 mil persoas.

O sector secundario representa o 35% do PIB, e o sector terciario o 64% do PIB.

Educación editar

As primeiras escolas de Luisiana foron fundadas por misioneiros franceses. A primeira escola foi fundada en 1725 e atendía soamente a nenos. Dous anos despois, un grupo de misioneiras fundaron unha escola para nenas, en 1727. Posteriormente, co crecemento de poboación do estado, instaláronse escolas privadas. A primeira escola pública foi fundada en 1772.

En 1848, o goberno de Luisiana instituíu un sistema de escolas públicas ao longo do estado. Estas escolas, a partir de 1898, pasaron a recibir fondos do goberno do estado (ata entón, era responsabilidade das parroquias o mantemento dos servizos escolares da rexión). Actualmente, as regras e padróns do sistema educativo dítaos o Consello de Educación Primaria e Secundaria de Luisiana, e a responsabilidade de administración do sistema de escolas públicas é de cada parroquia. Catro cidades posúen sistemas educativos públicos - Baker, Bogalusa, Monroe e Zachary. En total, son 68 sistemas educativos públicos. Todos os nenos entre 7 a 18 anos deben asistir á escola.

A primeira biblioteca pública de Luisiana foi fundada en 1925. As actuais bibliotecas públicas do estado son todas administradas pola Biblioteca Estatal, que actualmente posúe bibliotecas en todos as parroquias do estado. Luisiana posúe preto de 25 universidades e facultades. O principal centro educativo do estado é Nova Orleáns, que concentra preto da metade de todas as institucións de educación superior do estado. A maior institución de educación superior do estado é o Sistema de Universidades de Luisiana.

Transportes e telecomunicacións editar

Luisiana é un gran polo de transportes, especialmente un gran centro hidroviario. En total, son máis de 8 mil quilómetros de vías acuáticas, entre ríos naturalmente navegábeis e canais.

Nova Orleáns está localizada nun punto estratéxico. A súa proximidade co Canal do Panamá, con varias vías ferroviarias conectando a cidade co resto do país, e a presenza do golfo de México e do río Misisisippi. O porto de Nova Orleáns move preto de 132 millóns de toneladas de carga por ano e conforma a maior parte do Porto de Luisiana Sur. Este último é o porto con máis tráfico do Hemisferio Occidental e o cuarto con máis tráfico do mundo. Cerca de 5 mil navíos procedentes ou con destino a preto de 60 países diferentes atracan en Nova Orleáns ao longo do ano. Os principais produtos exportados son petróleo, cereais, carne e derivados de petróleo. Os principais produtos importados son produtos químicos en xeral, café e petróleo.

O aeroporto máis usado do Estado é o Aeroporto Internacional Louis Armstrong New Orleans, localizado a aproximadamente 15 km oeste de Nova Orleáns, na cidade de Kenner. Este aeroporto atende a millóns de pasaxeiros anualmente, e preto de 300 voos sen escalas por día, de e a destinos ao longo dos Estados Unidos, Canadá, América Latina e Caribe. Tamén move unha cantidade significativa de voos charter (non regulares) desde e cara Europa. O aeroporto tamén serve como escala para varios voos da FedEx.

Luisiana posúe preto de 100 mil quilómetros de estradas e autoestradas, e preto de 25 mil quilómetros de vías ferroviarias. A Amtrak fornece servizos ferroviarios de pasaxeiros. Nova Orleáns é o principal nó ferroviario e viario do Estado. A cidade é servida por 6 compañías ferroviarias de carga de gran porte: a Union Pacific e a Burlington Northern Santa Fe (cuxos ferrocarrís veñen do oeste), a Norfolk Southern e a CSX, do leste, e a Canadian National e a Kansas City Southern, do norte.

Publícanse preto de 120 xornais. Deles, preto de 20 son diarios e 100 semanais. O estado posúe preto de 35 emisoras de televisión e 240 emisoras de radio.

Notas editar

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1305. ISBN 9788482887524. 
  3. Segundo a Enciclopedia Galega Universal.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar