Luis Ruiz

futbolista español

Luis Ruiz Sayago, nado o 30 de xuño de 1992 en Huelva, é un futbolista español que xoga como lateral esquerdo no San Fernando, da Primeira División RFEF.

Luis Ruiz
Información persoal
Nome Luis Ruiz Sayago
Nacemento 30 de xuño de 1992 (31 anos)
Lugar de nacemento Huelva
Altura 1,81 m
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual San Fernando
Número 3
Carreira xuvenil
Atlético Madrid
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011–2013 Atlético Madrid C 60 (1)
2013–2016 Leganés 55 (0)
2016–2017 Cádiz 13 (0)
2017–2019 Lugo 42 (1)
2019–2020 Deportivo da Coruña 14 (0)
2020–2021 Lugo 23 (0)
2021– San Fernando 59 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 13 de febreiro de 2024.editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Huelva, comezou a forxarse como futbolista nas categorías inferiores do Atlético de Madrid, debutando en 2010 co seu segundo equipo filial, o Atlético de Madrid C, na Terceira División. Tras dúas temporadas no filial, no verán de 2013 incorporouse ao primeiro equipo do Leganés para realizar con eles a pretemporada a modo de proba. Recibindo a aprobación do adestrador, Asier Garitano, o conxunto madrileño fíxose definitivamente cos seus servizos.[1]

Na súa primeira tempada en Leganés, dispuxo de minutos en trinta partidos, saíndo en 24 deles como titular, e sendo participe do ascenso que levou aos branquiazuis até a Segunda División. En xullo de 2014 renovou o seu compromiso co club por unha tempada máis. O seu primeiro partido na categoría de prata disputouno o 24 de agosto de 2014, nun encontro ante o Deportivo Alavés que finalizou con empate a un gol. Xogou no equipo madrileño ata 2016, conseguindo ese ano o primeiro ascenso á Primeira División da historia do club.

A continuación asinou polo Cádiz, da Segunda División, co que xogou 14 partidos, 13 deles saíndo dende o inicio. O equipo dirixido por Álvaro Cervera clasificouse para a promoción de ascenso a Primeira, onde caeu ante o Tenerife.

No verán de 2017, ao acabar o seu contrato co Cádiz, asinou por dous anos co Lugo, tamén de Segunda.[2] Peza importante do equipo de Francisco, disputou 27 partidos na súa primeira tempada en Galicia, todos como titular, cifra que se reduciu ata os 19 na seguinte campaña.

En agosto de 2019 fichou polo Deportivo da Coruña, que competía en Segunda por segundo ano consecutivo e buscaba o ascenso a Primeira.[3] Con todo, o equipo completou unha nefasta campaña, que rematou co descenso á Segunda División B por segunda vez na historia do club. Luis Ruiz contou con certa continuidade só mentres o adestrador foi Luis César e apenas contou con minutos cos outros dous ocupantes do banco coruñés esa tempada: Anquela e Fernando Vázquez. Disputou un total de 15 partidos, 8 deles como titular.

Tralo descenso do Deportivo, regresou ao Lugo, no que xogou durante a tempada 2020/21, contabilizando 23 encontros. En 2021 estivo uns meses sen equipo, ata que regresou a Andalucía, asinando como novo xogador do San Fernando, da nova Primeira División RFEF.[4]

Notas editar

  1. "La juventud de Luis Ruiz llega a la banda izquierda". CD Leganés (en castelán). 05-08-2013. Arquivado dende o orixinal o 20-12-2017. Consultado o 28-06-2017. 
  2. "Luis Ruiz, nuevo jugador del CD Lugo". CD Lugo (en castelán). 28-06-2017. 
  3. "Luis Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 5 de agosto de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2024. 
  4. "Luis Ruiz: «Este proyecto es sólido y ambicioso»" (en castelán). Consultado o 13 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar