Luis Carrero Blanco

militar e político español

Luis Carrero Blanco, nado en Santoña, Cantabria, o 4 de marzo de 1904 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1973, foi un militar e político español. Ocupou diversos cargos no goberno franquista, e foi asasinado por ETA cando era presidente do goberno de España durante a etapa final desa ditadura.

Luis Carrero Blanco
Nome completoLuis Carrero Blanco
AlcumeGinés de Buitrago e Juan de la Cosa
Nacemento4 de marzo de 1904
Lugar de nacementoSantoña
Falecemento20 de decembro de 1973
Lugar de falecementoMadrid
Causadispositivo explosivo
SoterradoCemiterio de Mingorrubio - O Pardo
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónveterano, oficial da armada, político, almirante e estadista
CónxuxeCarmen Pichot Villa
FillosLuis Carrero-Blanco Pichot
PremiosGran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Gran colar da Orde de Cisneros, Gran Cruz da Orden de Carlos lll, Medalla de outo de Valladolid, Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona, Gran Cruz da Orde de Cisneros, Gran Cruz del Mérito Naval con distintivo blanco, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco, sen etiquetar e Gran Cruz de la Orden de San Hermenegildo
Na rede
Find a Grave: 11626728 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formación editar

Ingresou na Escola Naval en 1918 contando con 14 anos e tomou parte na campaña de Marrocos de 1924-1926.

A guerra civil editar

Ao iniciarse a guerra civil fuxiu ante o temor de ser executado por milicias republicanas e refuxiouse nas embaixadas de México e Francia, ata que en xuño de 1937 conseguiu evadirse á zona nacional.

Situado ao mando do destrutor Huesca e, posteriormente, dun submarino, chegou a ser xefe de Operacións do Estado Maior da Mariña.

Cargos de Goberno editar

No ano 1940 redactou un informe recomendando a neutralidade española na segunda guerra mundial. Desde entón converteuse no home de confianza de Franco, sendo nomeado subsecretario (1941), ministro da Presidencia (1951) e logo vicepresidente (1967), o que supuxo un incremento crecente do seu peso específico no goberno do Estado. No seu labor procurou limitar a influencia dos falanxistas, promoveu a modernización económica e administrativa do Estado, aínda que sempre dentro do franquismo, e apoiou a planificación da sucesión monárquica do réxime, na figura de Xoán Carlos I.

En xuño de 1973 foi nomeado presidente do goberno, o que facía pensar que se convertería no home forte do Estado á morte do ditador e no alicerce sobre o cal se sustentaría o franquismo sen Franco. Pero o seu falecemento o 20 de decembro de 1973 nun atentado perpetrado por ETA en Madrid ("Operación Ogro") abortou esas expectativas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Francisco Franco Bahamonde
  
Presidente do Goberno de España
 
1973 (9 de xuño - 20 de decembro)
Sucesor:
Torcuato Fernández Miranda