Ludmilla Tourischeva

Ludmilla Ivanovna Tourischeva (en ruso: Людми́ла Ива́новна Тури́щева), nada en Grozni o 10 de setembro de 1952, é unha ex-ximnasta rusa que competiu pola Unión Soviética. Foi nove veces medallista olímpica (catro delas de ouro), once veces medallista en mundiais (oito ouros) e catorce veces en campionatos europeos (oito ouros). Tourischeva foi a única ximnasta en unir os títulos de campioa europea, mundial e olímpica, trala checa Vera Caslavska. Despois dela, só a ucraína Lilia Podkopayeva o logrou de novo.

Infotaula de personaLudmilla Tourischeva

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Людмила Ивановна Турищева Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Grozni, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónRostov State Pedagogical University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura160 cm Editar o valor em Wikidata
Peso52 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónximnasta artística Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Deporteximnasia artística Editar o valor em Wikidata
Participou en
1976gymnastics at the 1976 Summer Olympics – women's vault (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1976Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - Individual geral feminino (pt) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1976Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 - Solo feminino (pt) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's vault (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's floor (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1972gymnastics at the 1972 Summer Olympics – women's artistic individual all-around (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1968Xogos Olímpicos de 1968 Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeValeriy Borzov (pt) Traducir (1977–) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm5048672 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tourischeva iniciouse na ximnasia en 1965, aos trece anos, e comezou a competir dous anos máis tarde. Obtivo a súa primeira medalla na Copa Soviética, na que conquistou o ouro do concurso xeral. O ano seguinte, porén, acabou a súa participación co bronce. Adestrada polo soviético Vladislav Rastorotski, ex-técnico de Natalia Iurchenko, Ludmilla representou a Unión Soviética nas Olimpíadas da Cidade de México. Nesta competición logrou o ouro por equipos, a súa primeira medalla nun evento internacional importante.

O ano seguinte a ximnasta disputou outros tres campionatos. No Soviético subiu ao podio catro veces: foi bronce na individual xeral e prata en salto, barra fixa e chan. Na Copa Soviética a atleta recuperou a primeira posición e, deseguido, participou por primeira vez no Campionato Europeo. Nel conquistou a terceira posición do concurso xeral, barras asimétricas e chan.

En 1970 Tourischeva converteuse na líder do equipo nacional soviético. Dende entón até 1974 venceu todos os concursos xerais dos campionatos internacionais. No Mundial de Ljubljana a ximnasta logrou, ademais do ouro da individual xeral e chan, o bronce no salto e a prata nas barras asimétricas. En 1971 no Campionato Europeo foi ouro no concurso xeral, salto e chan, e prata en barras asimétricas e barra fixa. O ano seguinte, nos Xogos de Múnic (a súa segunda participación olímpica) conquistou o seu terceiro individual xeral. Alén diso, venceu na disputa por equipos e conquistou dúas medallas nas finais por aparatos (bronce no salto e prata no chan), no que foi superada pola súa compañeira de equipo Olga Korbut. En 1973, na nova edición do Campionato Europeo, a atleta conquistou todos os ouros individuais, ademais de manter o bicampionato da competición. En 1974, no Mundial de Varna, con 22 anos, foron seis medallas nas seis probas disputadas. A primeira, o ouro por equipos, foi seguida dun novo bicampionato no concurso xeral. Nas finais por aparellos logrou o ouro no chan e barra fixa, a prata no salto e o bronce nas barras asimétricas. Como consecuencia das súas accións e resultados, Ludmilla foi considerada o exemplo da ximnasia soviética da época: graciosa, elegante e cunha técnica audaz e impecábel.

(ela) nunca tivo as fazulas dalgunhas das súas rivais, mais pola serenidade, era suprema
David Hunn

No Campionato Europeo de 1975 conquistou o bronce no chan. Porén, quedou fóra do podio da individual xeral, vencida pola debutante romanesa Nadia Comăneci. A súa compañeira de equipo, Nellie Kim, ficou coa prata. En cambio, na Copa do Mundo a ximnasta logrou todas as medallas de ouro disputadas, alén de vencer a proba do salto no Campionato Nacional Soviético. Na Copa do Mundo, disputada no estadio de Wembley, a súa interpretación nas asimétricas marcaron o público debido á rotura dos cabos de suxeición. Trala presentación, as barras caeron mentres Tourischeva saudaba os xuízes.[1]

O ano seguinte foi o seu último como profesional. A ximnasta disputou os Xogos de Montreal e acabou a súa participación con catro medallas. A primeira, de ouro, chegou no evento por equipos, seguida do bronce no concurso xeral (superada por Comaneci e Kim) e da prata en salto e chan, ambas probas vencidas pola súa compatriota Nellie Kim.

Tourischeva tamén foi coñecida pola súa conduta deportiva. Durante os Xogos de Montreal, a ximnasta saudou persoalmente a Comăneci despois de está recibir o ouro no concurso xeral.[2] En 1977 a soviética casou con Valeri Borzov, dúas veces medallista olímpico en 1972. En 1981 foi elixida membro do Comité Técnico da Ximnasia Artística Feminina, da Federación Internacional de Ximnasia e comezou a traballar como adestradora en Ucraína, onde permanece como técnica. Entre as súas ximnastas está a campioa olímpica Lilia Podkopaieva.[3]

En 1998 Tourischeva foi incluída no International Gymnastics Hall of Fame.[4]

Principais resultados editar

Ano Evento Individual xeral (All-Around) Equipo        
1967 Copa Soviética  
1968 Copa Soviética  
Xogos Olímpicos  
1969 Campionato Europeo      
Campionato Nacional Soviético        
Copa Soviética  
1970 Campionato Mundial de Ximnasia Artística          
Campionato Nacional Soviético    
Copa Soviética  
1971 Campionato Europeo          
Campionato Nacional Soviético      
Copa Soviética  
1972 Campionato Nacional Soviético      
Xogos Olímpicos        
Copa Soviética  
1973 Campionato Europeo          
Campionato Nacional Soviético    
Copa Soviética  
1974 Campionato Mundial de Ximnasia Artística            
Campionato Nacional Soviético  
Copa Soviética  
1975 Copa do Mundo          
Campionato Europeo  
Campionato Nacional Soviético    
1976 Copa do Mundo  
Xogos Olímpicos        

Notas editar

  1. And the steel was broken. Olympic Panorama, xullo-setembro de 1990. páx. 33 e 34. ISBN 0204-2177
  2. COMANECI, Nadia. Letters to a young gymnast. Basic Books, Nova York, 2003. ISBN 0-465-01276-0
  3. "Lilia Podkopayeva". GymMedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2008. 
  4. "LUDMILLA TOURISCHEVA". International Gymnastics Hall of Fame (en inglés). Consultado o 20 de maio de 2009. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar