Lucy Stone

sufraxista e abolicionista estadounidense

Lucy Stone, nada en West Brookfield, Massachusetts o 13 de agosto de 1818 e finada en Boston o 19 de outubro de 1893, foi unha oradora, abolicionista e sufraxista estadounidense especialmente influente na historia dos Estados Unidos do século XIX.[1] Traballou como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude e nas súas clases avogou tanto contra a escravitude como a prol dos dereitos da muller. En 1869 creou a Asociación Americana a prol Sufraxio da Muller.[2]

Infotaula de personaLucy Stone

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de agosto de 1818 Editar o valor em Wikidata
West Brookfield, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1893 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de estómago Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério Forest Hills (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónCongregacionalismo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónOberlin College (en) Traducir
Mount Holyoke College (pt) Traducir
Wilbraham & Monson Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , abolicionista , sufraxista , editora literaria , activista polos dereitos das mulleres , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHenry Browne Blackwell (en) Traducir (1855–1909) Editar o valor em Wikidata
FillosAlice Stone Blackwell (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiFrancis Stone, Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsWilliam B. Stone (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Stone-4992 Find a Grave: 991 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era a oitava de nove irmáns. Os seus pais foron Hannah Matthews e Francis Stone. Pasou a súa nenez traballando nunha granxa familiar de Coy's Hill en West Brookfield, Massachusetts.

Ó rematar o Bachelor of Arts foi mestra de escola. Ós 21 anos ingresou no College Oberlin en Ohio, a primeira universidade dos Estados Unidos que admitiu alumnos afroamericanos e o ingreso de mulleres, fundada en 1833 por presbiterianos. En 1839, Stone foi a primeira muller de Massachusetts que obtivo un grao académico.

Graduouse en 1847 e empezou a traballar como profesora na Sociedade Americana en contra da Escravitude. Nas súas clases denunciaba a escravitude e tamén defendía os dereitos das mulleres.

En 1847, deu o seu primeiro discurso público sobre os dereitos das mulleres "A Provincia da Muller", convidada polo seu irmán Bowman Stone para falar na súa igrexa rompendo as convencións até o momento de que unha muller falase ante unha audiencia mixta.

En 1850, dous anos despois de que se celebrase en Nova York a Convención de Séneca Falls, organizou a primeira Convención Nacional polos dereitos da muller en Worcester, Massachusetts. Alí coñeceu ó que sería o seu marido.

En 1855 casou con Henry B. Blackwell (1825-1909), activista contra a escravitude. Ambos prometeron ter igualdade de dereitos no matrimonio. Un ano despois da voda, en protesta contra as leis discriminatorias Stone decidiu recuperar o seu apelido de solteira, "o meu nome é a miña identidade e non debo perdela" escribiu nunha carta ó seu marido e foi a primeira estadounidense rexistrada que mantivo o seu apelido despois do matrimonio.[3] Henry era irmán de Elizabeth Blackwell, tamén activista dos dereitos da muller e primeira doutora dos Estados Unidos. Lucy e Henry tiveron unha única filla: Alice Stone Blackwell (1857-1950) xornalista, tradutora e tamén activista polos dereitos das mulleres.[4]

Escravitude e voto feminino editar

En 1861 foi elixida presidenta da Asociación de Mulleres de Nova Jersey e foi confundadora da liga Nacional de Mulleres que promoveu a Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos que aboliu a escravitude aprobada en 1865.

En 1869 creou en Boston a Asociación Americana a prol do Sufraxio da Muller (American Woman Suffrage Association) a partir do grupo de reformadores sociais que pensaban que do mesmo xeito que era necesario abolir a escravitude érao tamén defender os dereitos das mulleres. Foi un grupo moderado, menos militante que a Asociación Nacional do Sufraxio da Muller (National Woman Suffrage Association) de Elizabeth Candy Stanton e Susan B. Anthony e só fixo campaña pola consecución do voto feminino sen ocuparse doutras discriminacións que sufrían as mulleres.

Stone e o seu marido fundaron o semanario feminista Diario da Muller onde publicaban os seus discursos e os doutras activistas. Stone falou ante varios corpos lexislativos para promover leis que desen máis dereitos ás mulleres.[5]

Morreu en Boston en 1893, ós 73 anos. Ese mesmo ano aprobouse unha emenda da Constitución dos Estados Unidos que outorgaba nalgúns estados o dereito ó voto feminino.

Notas editar

  1. "Lucy Stone. Women's Rights Activist and Journalist". Consultado o 24 de maio de 2016. 
  2. Electronic Oberlin Group. Oberlin: Yesterday, Today, Tomorrow... Lucy Stone (1818-1893). Consultado o 9 de maio de 2009.
  3. "Biografías - Sufragismo y Feminismo, 1789-1945". 
  4. Blackwell, Alice Stone (1 de xaneiro de 1930). Lucy Stone: Pioneer of Woman's Rights (en inglés). University of Virginia Press. ISBN 9780813919904. Consultado o 24 de maio de 2016. 
  5. Dorchester Atheneum. Lucy Stone, 1818-1893 Arquivado 11 de outubro de 2017 en Wayback Machine. . "Perhaps Lucy Stone's greatest contribution was in founding and largely financing the weekly newspaper of the American Woman Suffrage Association, the Woman's Journal." Consultado el 9 de mayo de 2009.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar