Lucretia Mott

sufraxista e abolicionista estadounidense

Lucretia Mott, nada en Nantucket, Massachusetts o 3 de xaneiro de 1793 e finada en Cheltenham, Pensilvania o 11 de novembro de 1880, foi unha defensora dos dereitos da muller, pioneira dentro do movemento feminista que pasou á historia, entre outros motivos, por participar na organización da Convención de Seneca Falls.

Infotaula de personaLucretia Mott

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1793 Editar o valor em Wikidata
Nantucket, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1880 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónOakwood Friends School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista polos dereitos das mulleres , mestra , escritora , activista pola paz , abolicionista , predicadora , sufraxista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJames Mott (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMaria Mott (en) Traducir, Thomas Mott (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisThomas Coffin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Anna Folger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMartha Coffin Wright (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAnna Davis Hallowell (neta (pt) Traducir)
Benjamin Franklin (curmán)
Mayhew Folger (en) Traducir (maternal uncle (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Coffin-1474 Find a Grave: 744 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia cuáquera, sendo a segunda de sete irmáns. Os seus pais eran Thomas Coffin e Anna Folger,[1] o seu pai era capitán dun baleeiro e a súa nai dirixía a explotación agrícola familiar.

O pensamento cuáquero vai ser determinante na formación das súas ideas, especialmente a igualdade ante Deus que predica devandito movemento relixioso. Ós trece anos, ingresou na "Nine Partners Quaker Boarding School", un colexio cuáquero onde recibiu educación e onde máis tarde exerceu como profesora.[2]

O 10 de abril de 1812, contraeu matrimonio con James Mott, outro profesor da súa escola,[3] con quen tivo seis fillos, morrendo o primeiro ós cinco anos. En 1821 o matrimonio trasladouse a Filadelfia e ela foi nomeada predicadora do grupo cuáquero local.

O contexto de loita pola abolición da escravitude nos Estados Unidos e a marxinación da muller en todos os aspectos da vida pública e profesional, marcou o seu pensamento, todo isto, enmarcado na comunidade cuáquera.

Sufría de dispepsia, cousa que non lle impediu levar a cabo o seu labor como activista. Debido ó activismo pola abolición da escravitude do matrimonio Mott, a súa casa converteuse no centro do movemento anti escravista de Filadelfia e nunha etapa do "Ferrocarril subterráneo", unha ruta de escape dos escravos fuxidos.

O 11 de novembro de 1880, á idade de 87 anos, morreu na súa casa de Cheltenham (Pennsylvania) vítima dunha pneumonía. Foi enterrada no cemiterio cuáquero Fairhill, no norte de Filadelfia.

Notas editar

  1. Faulkner 2011, pp. 8, 14.
  2. Faulkner 2011, pp. 24–27.
  3. Faulkner 2011, pp. 34, 36.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar