Lucky Luke

serie de historietas

Lucky Luke é unha serie de historietas belga, parte parodia e parte tributo ao mítico afastado oeste dos Estados Unidos, protagonizada polo vaqueiro homónimo. Creada polo debuxante belga Morris en 1946 contou con múltiples guionistas, entre os que se conta René Goscinny. Despois de Tintin e de Astérix, Lucky Luke é o cómic máis popular de Europa continental.

Lucky Luke

Autor(es) Morris
Xénero(s)Cómico
Figura de Lucky Luke nun parque de Ancara.

En galego só se publicou un dos seus álbums, A amnesia dos Dalton (1992), traducido por Henrique Harguindey e publicado por Edicións Xerais de Galicia.[1]

Características editar

Ao final de cada debuxo animado, excepto nos primeiros números, Lucky Luke vai cara ao sol que se pon, cantando

I'm a poor lonesome cowboy, and a long way from home

Eu son un pobre vaqueiro solitario, e estou lonxe do meu fogar[2]

En varios dos números, os guionistas burlanse do seu propio recurso: nun cómic, Jolly Jumper, o cabalo de Lucky Luke di:

Creo que xa é hora de que cambies o teu repertorio, cow-boy.

Argumento editar

Lucky Luke é coñecido por ser

máis rápido que a súa propia sombra

e é un vaqueiro que se enfronta ao crime e a inxustiza detendo proscritos, escoltando caravanas de pioneiros mormóns e exercendo de mediador do Goberno dos Estados Unidos, en misións diplomáticas especialmente delicadas. O 'cowboy' caracterizouse ao comezo da serie por ter constantemente un cigarro na boca, aínda que Morris substituíuno por unha palla en 1983, o que lle valeu o recoñecemento da Organización Mundial da Saúde.

Personaxes secundarios editar

Jolly Jumper editar

O cabalo de Luke é Jolly Jumper,

o cabalo máis intelixente do mundo

Incriblemente eficiente, sempre acode en axuda de Lucky Luke cando é secuestrado ou encarcerado polos seus inimigos. Lucky e Jolly mestúranse perfectamente: de feito, o cabalo entende o que di o xinete e normalmente fai comentarios sarcásticos. Só nalgúns cómics (como en O bandido mecánico), suxérese que Lucky Luke tamén entende o que di Jolly.

Os Daltons editar

Os adversarios recorrentes das historias son os irmáns Dalton,

catro tipos con aspecto estúpido e malvado

que son Joe, William, Jack e Averell

(en orde crecente de altura e torpeza).

Foxen constantemente da prisión onde son detidos para sementar o terror nas cidades veciñas e cumprir o soño de Joe Dalton, acabar con Lucky Luke, que, por suposto, nunca logra.

Ran Tan Plan editar

No penal onde están recruidos os Dalton atópase de gardián Ran Tan Plan, que é

o can máis estúpido do universo

e é absolutamente incapaz de manter o control. Ran Tan Plan tamén acompaña a Lucky Luke en varias aventuras para a desesperación de Jolly Jumper, que o considera un

erro da natureza.

Ao personaxe de Ran Tan Plan asignóuselle a súa propia serie, traballada por Morris e outros debuxantes, e abarcaba cinco números.[3]

 
Ran Tan Plan, Billy o Nenoo, Calamity Jane, Jolly Jumper, Lucky Luke e os Irmáns Dalton:
representación na estación do metro de Charleroi, en Bruxelas.

Outros editar

En varias aventuras, Lucky Luke atopa personaxes reais de Far West, como Calamity Jane, Billy o neno, o xuíz Roy Bean e a banda de Jesse James. Luke tamén participa en acontecementos reais da historia dos Estados Unidos, como a constitución do Pony Express, a colonización de Oklahoma, a aparición do telégrafo e a construción do de ferrocarril costa a costa.

Traxectoria editorial editar

O máis famoso dos guionistas da serie é René Goscinny, coñecido pola súas series Astérix e Iznogud. Despois da morte de Goscinny, varios guionistas, como Bob de Groot, Patrick Nordmann,[4] X. Fauche[5] e Jean Léturgie,[6] alternáronse na tarefa de escribir os novos guións e o propio Morris escribiu algúns episodios.

Curiosamente, poucas aventuras deste cowboy publicáronse en inglés.

Notas editar

  1. Banda Deseñada en culturagalega.org
  2. V. "Cowboy".
  3. V. "Serie derivada".
  4. Patrick Nordmann (n. 1949): cómico suízo da Radio Suisse Romande; na serie de debuxos animados Lucky Luke, ocupóuse do episodio O profeta (Le Prophète), que escribiu e enviou en 1988 e publicouse no 2000.
  5. Xavier Fauche (n. 1946): guionista de historietas, produtor e director de radio e escritor francés.
  6. Jean Léturgie (n. 1947): guionista francés de debuxos animados.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar