Lucio Tarquinio o Soberbio

Tarquinio o Soberbio foi o sétimo e último rei de Roma. Fillo de Tarquinio Prisco e xenro de Servio Tulio, Tarquinio tamén era de orixe etrusca. Foi durante o seu reinado cando os etruscos atinxiron a cúspide do seu poder. Tarquinio usou a violencia, o asasinato e o terror para manter o control sobre Roma como ningún rei anterior os empregara, derrogando mesmo moitas reformas constitucionais que estableceran os seus predecesores. A súa mellor obra para Roma foi a finalización do templo a Xúpiter, iniciado polo seu pai Prisco.

Lucio Tarquinio o Soberbio
Nacementoséculo VI a. C.xuliano
Lugar de nacementoRoma Antiga
Falecemento495 a. C.
Lugar de falecementoCumas
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónmonarca
PaiGnaeus Tarquinius e Lucio Tarquinio Prisco
Naivalor descoñecido e Tanaquil
CónxuxeTullia Major e Tullia Minor
FillosSexto Tarquínio, Aruns, Tito Tarquinio e Tarquinia
IrmánsArruns Tarquinius, Tarquinia e Tarquinia the Elder
editar datos en Wikidata ]
Reis de Roma
Rei Período de reinado
Rómulo -753 --716
Numa Pompilio -715--674
Tulio Hostilio -673--642
Anco Marcio -642--617
Tarquinio Prisco -616--579
Servio Tulio -578--535
Tarquinio o Soberbio -535--510

Tarquinio aboliu e destruíu todos os santuarios e altares sabinos da Roca Tarpeia, enfurecendo desta forma ao pobo romano. O punto crucial do seu tiránico reinado sucedeu cando permitiu a violación de Lucrecia, unha romana patricia, por parte do seu propio fillo Sexto. Un parente de Lucrecia, Lucio Xunio Bruto (antepasado de Marco Xunio Bruto), convocou o Senado, que decidiu a expulsión de Tarquinio no ano 510 a.C..

Tras a expulsión de Tarquinio, o Senado decidiu abolir a monarquía, convertendo Roma nunha república no ano 509 a.C. Lucio Xunio Bruto e Lucio Tarquinio Colatino, sobriño de Tarquinio e viúvo de Lucrecia, convertéronse nos primeiros cónsules do novo goberno de Roma. Este novo goberno permitiría co tempo a conquista polos romanos de case todo o mundo mediterráneo, unha forma de goberno que sobreviviu durante case cincocentos anos ata a ascensión de Xulio César e César Augusto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar