Luciano de Samosata

Luciano de Samosata (en grego antigo Λουκιανός / Lukianós), nado en Samosata cara ao 125 e finado en Alexandría cara ao 180, foi un retor e escritor satírico, natural de Siria, que escribía en grego, nun estilo neoático.

Infotaula de personaLuciano de Samosata

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Λουκιανὸς ὁ Σαμοσατεύς Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 120 Editar o valor em Wikidata
Samósata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 180 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , biógrafo , filósofo , escritor satírico , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDemônax (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo, Koiné e Lingua siríaca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Bitraga: 1153 Discogs: 5052892 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Luciano naceu en Samosata, capital de Commagene, provincia de Siria. Os seus pais destinaron para a profesión de escultor cun seu tío, irmán da nai. Luciano abandonou o obradoiro, pois non tiña gusto por esta arte, aínda que a lenda conta que foi debido a que rompeu unhas lascas de mármore. Dispúxose daquela enteiramente ao estudo das letras, das que moi logo estivo en condicións de sacarlles partido. Até a idade dos corenta anos dedicouse a preitear como avogado ou a dar leccións de retórica, primeiro en Antioquía, logo en Atenas .Foi a partir desa idade cando comezou a escribir para o público e a viaxar. Pasou a Italia, onde realizou unha longa estadía. Desde aí marchou para a Galia, para a continuación trasladarse a Asia Menor. Finalmente radicouse en Exipto, onde o emperador Marco Aurelio lle asignara importantes funcións administrativas e xudiciais. Posibelmente faleceu en Alexandría, arredor do ano 180, nos primeiros anos do reinado do emperador Cómodo.

Antes de acadar as honras estatais, Luciano xa lograra adquirir fortuna e sona. Os seus escritos obtiveron éxito, á par que ingresaba sumas considerábeis polas leccións e a declamación da súa propia obra, ao xeito dos sofistas e dos rétores da época. Logo de contar o soño que determinara, segundo dicía, a súa vocación literaria, engadiu : « Quen escoite a narración do meu soño sentirá, estou seguro, renacer o valor na súa alma. Collerao por exemplo, reflectirá o que eu era, cando comecei a miña carreira e me baixei ao estudo sen me queixar nada da pobreza que entón me apresaba; e quererá imitarme, vendo a situación a que cheguei perante vós, non menos ilustre que algún escultor, por non dicir que aínda máis ».

Obra editar

Atribúenselle máis de 80 obras. Tomou de Menipo o diálogo humorístico, a medias entre o diálogo filosófico e a comedia[1]. Os seus diálogos máis coñecidos son os Diálogos de deuses e os Diálogos dos mortos. Esta última obra inspirou o Phalarismus do polemista Ulrich von Hutten, Les Héros de roman de Boileau, así como os Dialogues des morts de Fénelon Escribiu así mesmo numerosos diálogos ironizando, nun estilo moi próximo ao dos cínicos, sobre os filósofos. Redactou tamén exercicios satíricos imitando o estilo dos retóricos, como os eloxios irónicos: Eloxio da calvicie ou Eloxio da mosca.

Os seus Relatos verídicos, nos que o protagonista viaxa até a Lúa, é, sen ambaxes, considerada como un antecedente das obras de ficción-científica[2]. Esta obra influíu na Histoire comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos Estados e Imperios da Lúa) de Cyrano de Bergerac e máis no Micromegas de Voltaire.

O conxunto da obra de Luciano encontrou no século XIX o seu mellor eco nas "Pequenas obras morais" de Giacomo Leopardi.

Selección de obras editar

 
Clásicos en Galego 21: Diálogos de deuses e Diálogos de prostitutas.

Luciano en galego editar

Pódese consultar:

Notas editar

  1. Luján, Néstor, Luciano de Samosata, in rev. Historia y Vida, nº extra 59. Barcelona-Madrid. 1990, páx. 162
  2. Cfr. Pierre Versins, Encyclopédie de l'utopie, des voyages extraordinaires et de la science-fiction, 1972; Jacques Van Herp Panorama de la science-fiction, 1973; Jacques Sadoul, Histoire de la science-fiction moderne, 1974 ; Jacques Baudou, La science-fiction, 2003

Véxase tamén editar


Ligazóns externas editar