Lucas Nogueira

baloncestista brasileiro

Lucas Riva Amarante "Bebê" Nogueira, nado o 26 de xullo de 1992 en São Gonçalo (Río de Xaneiro), é un ex xogador brasileiro de baloncesto profesional.

Lucas Nogueira
Información persoal
Nacemento 26 de xullo de 1992 (31 anos)
São Gonçalo, Río de Xaneiro
Nacionalidade Brasil
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 16
Por Boston Celtics
Carreira 2009–2021
Historial de equipos
Estudiantes (2009–2014)
Las Rozas (2011–2012)
Toronto Raptors (2014–2018)
Fort Wayne Mad Ants (2015)
Raptors 905 (2015–2016)
Fuenlabrada (2018)
Al-Muharraq (2020)
Cearense (2020–2021)

Traxectoria profesional editar

Nogueira comezou en 2009 nas categorías inferiores do CB Estudiantes. En 2011, foi cedido ó CB Las Rozas para tempada 2011-12. O 27 de xuño de 2013, Nogueira renovou o seu contrato co Estudiantes por dous anos máis, e a tempada seguinte conseguiu o galardón ó mellor defensor da Liga ACB.[1]

Nogueira foi seleccionado na 16ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Boston Celtics, e foi traspasado ós Atlanta Hawks.[2]

O 30 de xuño de 2014, os dereitos do Draft de Nogueira foron traspasado xunto a Lou Williams ós Toronto Raptors, a cambio de John Salmons e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[3] O 3 de agosto de 2014, asinou cos Raptors.[4] O 21 de novembro de 2014, Nogueira debutou na NBA, facendo dous puntos e cinco rebotes na vitoria dos Raptors por 124–83 contra os Milwaukee Bucks.[5]

O 9 de setembro de 2018, Nogueira asinou co Baloncesto Fuenlabrada da Liga ACB.[6]

Tralo seu paso polo Al-Muharraq SC de Bahrain e polo Cearense brasileiro, Nogueira anunciou a súa retirada do baloncesto profesional o 3 de febreiro de 2021 debido ás súas lesións.[7]

Notas editar

  1. Vivlamore, Chris (8 de abril de 2014). "Nogueira named top defender in ACB League". myajc.com. Consultado o 13 de novembro de 2016. 
  2. Ogden, Maxwell (27 de xuño de 2013). "Atlanta Hawks Draft Lucas Nogueira After Trading for Mavericks' No. 16 Pick". bleacherreport.com. Los Angeles Times. Consultado o 27 de xuño de 2013. 
  3. "Raptors Acquire Williams, Nogueira From Atlanta". NBA.com. 30 de xuño de 2014. Consultado o 30 de xuño de 2014. 
  4. "Raptors Sign Lucas Nogueira And Will Cherry". NBA.com. 3 de agosto de 2014. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  5. "Williams scores 22 as Raptors beat Bucks 124-82". NBA.com. 22 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  6. "Fuenlabrada signs Lucas Nogueira". Sportando. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2018. 
  7. "Lucas Bebê anuncia aposentadoria do basquete: "Chegou a hora de parar"" [Lucas Bebê announces retirement from basketball: "It's time to stop"]. Globe Esporte (en portugués). 3 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar