Lucía Aldao

poetisa e artista galega

Lucía Aldao, nada na Coruña o 20 de febreiro de 1982, é unha poetisa e artista galega.

Infotaula de personaLucía Aldao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento20 de febreiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
En 2009.
 
Con Ismael Ramos na presentación de Todo isto antes era noite na Libraría Paz de Pontevedra, 2019.
 
María Lado e Lucía Aldao no Liceo Mutante, 2012.

As súas actividades, levando unha carreira paralela como cantante e guitarrista mutante, guionista e animadora cultural[1]. Desde o ano 1998, viaxou polo país ofrecendo recitais de poesía. En 2005, xuntouse coa tamén poetisa María Lado [2] para darlle forma ao espectáculo poético denominado Onde estea un cubata que se quite un soneto. En 2006 chegou Poeta de mierda, xunto coa actriz Pepa Yáñez, e seguiu experimentando coa poesía ao vivo baixo o nome Moita poesía, pouca diversión.

No verán de 2011 creou o grupo poético Poetas da hostia, xunto a outros poetas como María Lado, Ledicia Costas, Daniel Landesa, Nolim González, Xabier Xil Xardón, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Eduardo Estévez, Lorena Souto e Samuel L. Paris. Inspírase nos xogos poéticos medievais dos poetry slams ou poxa de poetas, nos que dous trobadores ou xograres competían nun xogo lírico de intereacción co público[3]. A esta tipoloxía pertencen recitais colectivos como A hostia en verso[4], Merendacea ou Vendo a miña alma (poxa de poetas).

O 10 de abril de 2015 participou na primeira edición do ciclo O Alfabeto Híbrido (celebrado na sede da Fundación Luis Seoane, na Coruña), xunto á María Lado co seu proxecto poético-humorístico-musical chamado Aldaolado, contando coa actuación previa de Santiago Auserón (Juan Perro)[5][6].

Colaborou xunto co actor Carlos Blanco no espectáculo Dillei, e no programa da TVG Somos unha potenzia, ambos dirixidos por este. Exerceu de presentadora para as galas Acústico feminino e Poesía e ciencia. Formou parte do proxecto musical alDDao, xunto co artista e músico Diego Delgado, que comezou coa gravación dunha versión do She's Lost Control, de Joy Division. Foi asidua colaboradora das performances de Maribolheras precárias.

Coordinou os certames literarios Curtis treme, Curtis mon amour e Happy Curtis para o Concello de Curtis. Participou tamén cunha colaboración poética os domingos no programa Tres peixes voando, da Radio Galega.

Ten colaborado en publicacións como A Xanela, O Ollo Público ou La Bella Varsovia. En 2019 colabora na publicación dixital Vinte con María Lado e Iria Pinheiro na sección Ti fai o que eu che diga.[7]

En 2018 publica o seu primeiro libro de poemas en solitario: Todo isto antes era noite.[8]

Obras editar

Poesía editar

Con María Lado (Aldaolado):

Discografía editar

Antoloxías e obras colectivas editar

Premios literarios editar

Espectáculos editar

Notas editar

  1. "Lucia Aldao e María Lado no evento Poesía Alimentaria". YouTube. 11-7-2010. Consultado o 29-11-2019. 
  2. "María Lado y Lucía Aldao inauguran mañana el ciclo de poesía ´En femenino´". La Opinión A Coruña (en castelán). 7-2-2011. una pieza híbrida y poco convencional en la que se mezcla la poesía desenfada, la música y el performance 
  3. "Uns poetas da hostia". Xogos de Lingua. 8-1-2014. Consultado o 29-11-2019. 
  4. "A hostia en verso: poetas carnívoros vs. poetas veganos". Isto É Normal. 4-12-2012. Arquivado dende o orixinal o 13-01-2013. Consultado o 29-11-2019. 
  5. "Santiago Auserón y Aldaolado abren el ciclo «O Alfabeto Híbrido» en la Luís Seoane". La Voz de Galicia (en castelán). 31-3-2015. 
  6. La Opinión, de 11-4-2015.
  7. "Ti fai o que che diga". Vinte. Consultado o 15-2-2019. 
  8. "Todo isto antes era noite - Apiario". apiario.eu. Consultado o 16-3-2019. 
  9. "Pava". Bandcamp. 25 de novembro de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Casal González, César (23-6-2001). "«La gente cree que poesía aún es leer a Góngora o a Quevedo»". La Voz de Galicia (en castelán). «Me acuerdo de escribir toda la vida. Si tengo que escoger una fecha, fue a los 13 o 14 años. Entonces me empezaron a animar y llegaron los premios. Gané el Tanxedoira en el 96 y en el 97. En el 98 me llevé el Fernández del Riego. Todos de poesía. También he ganado el segundo premio del Minerva el año pasado y el primero y el accésit de este año.» 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar