Lois XVIII de Francia

político francés
(Redirección desde «Luís XVIII de Francia»)

Lois XVIII[1] ou Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Lois XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.

Lois XVIII de Francia
AlcumeComte de Lille e Comte de Provence
Nacemento17 de novembro de 1755
Lugar de nacementoPalacio de Versalles
Falecemento16 de setembro de 1824
Lugar de falecementoPalácio das Tulherias
Causadoenza
SoterradoBasílica de Saint-Denis
NacionalidadeFrancia e Reino de Francia
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónpolítico
PaiLuís de Bourbon (1729-1765)
NaiMaria Josefa de Saxônia
CónxuxeMaria Josefina de Savoia
IrmánsMaria Teresa de França, Maria Zeferina de França, Xavier, Duque da Aquitânia, Luís, Duque da Borgonha, Lois XVI de Francia, Carlos X de Francia, Isabel de França (1764-1794) e Maria Clotilde de França
PremiosCabaleiro da orden do Espírito Santo, Cabaleiro da Orden de San Miguel, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde da Aguia Negra, Order of Saint Anna, 1st class, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Ordem de Santo André, Grand Master of the Legion of Honour, Gran Cruz da Faixa das Tres Ordes, Gran cruz da Lexión de Honor, Ordem do Espírito Santo, Ordem de São Miguel, Order of Our Lady of Mount Carmel and Saint Lazarus of Jerusalem, Ordem de São Luís, Décoration du Lys, Orde da Xarreteira, Order of Saint Stephen of Hungary, Orde do Elefante, Orde do Vélaro de Ouro, Banda das Três Ordens e Cabaleiro da Orde de Santo Alexandre Nevski
Na rede
WikiTree: Bourbon-150 Find a Grave: 2330 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lois XVIII de Francia

Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.

Trala execución de Lois XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Lois XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.

Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.

Notas editar

  1. "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07. 

Véxase tamén editar

Artigos relacionados editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.