Luís Villares

xuíz e político galego

Luís Villares Naveira, nado en Lugo o 8 de agosto de 1978[1], é un xuíz e político galego de En Marea e portavoz do seu grupo parlamentario na X Lexislatura do Parlamento de Galicia. En febreiro de 2020, anunciou o seu abandono da política antes das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.[2]

Infotaula de personaLuís Villares

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
21 de outubro de 2016 –

Circunscrición electoral: Lugo

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEn Marea Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: VillaresLuis Dialnet: 2478499 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria profesional editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, especializado na rama de Dereito do Consumo.

Xuíz de carreira dende 2005, exerceu na Fonsagrada (2007-2010) e despois como maxistrado do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional (2010-2011), titular no Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (2011-2012), no Xulgado Contencioso-Administrativo de Lugo e na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi coordinador en Galicia da asociación progresista Xuíces para a Democracia e é membro fundador da Irmandade Xurídica Galega.

Traxectoria política editar

O seu foi un dos nomes que soaron para liderar o proxecto político de En Marea para as eleccións galegas de 2016[3]. O 6 de agosto do 2016 presentou a súa candidatura ás primarias deste partido,[4] tralo cal foi elixido candidato á presidencia da Xunta de Galicia.[5]

Logo dos comicios -nos que Villares encabezou as listas pola provincia de Lugo- En Marea foi a segunda lista máis votada e acadou un total de 14 deputados.[6] Porén, o espazo político de En Marea crebou por mor das disputas internas. A finais de 2018, unha crise relacionada coa elección dun novo liderado do partido deveu nunha división entre os membros partidarios de Villares e os membros dos partidos fundadores de En Marea, Podemos, Anova-Irmandade Nacionalista (Anova) e Esquerda Unida (EU). Villares foi elixido como novo líder de En Marea o 24 de decembro de 2018 en medio de acusacións de fraude electoral,[7][8] o cal provocou que Podemos, Anova e EU abandonasen En Marea considerándoo como un proxecto político "errado".[9][10][11] Os parlamentarios de Podemos, Anova e EU formaron o Grupo Común da Esquerda no Parlamento de Galicia en setembro de 2019.[12][13] Podemos e EU participaron tanto nas eleccións de abril como nas de novembro de 2019 baixo a marca En Común–Unidas Podemos,[14][15] formando o subgrupo Galicia en Común dentro de Unidas Podemos no Congreso dos Deputados.[16]

En febreiro de 2020, antes das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020, anunciou que non se presentaría ós comicios e que a finais dese mes abandonaría a política.[2]

Obra editar

  • Estatuto xurídico da lingua galega, 2005.
  • A inconstitucionalidade da segregación do estudantado por razón de lingua, 2009.
  • Estudo crítico do sistema de responsabilidade civil por danos causados por hidrocarburos: ensinanzas do Prestige, 2009.
  • Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo, 2010 (coordinador).

Galardóns editar

Notas editar

  1. "Luís Villares: o defensor do galego que toca a zanfona e a gaita" Arquivado 15 de agosto de 2016 en Wayback Machine., artigo en El Progreso, 6 de agosto de 2016 (en castelán).
  2. 2,0 2,1 "Luis Villares non se presentará ás eleccións e abandonará a política". Nós Diario. 19 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de febreiro de 2020. 
  3. "Sopesan o maxistrado Luís Villares como candidato da Marea á Presidencia", nova en Praza Pública o 21 de abril de 2016.
  4. "Villares formaliza a súa candidatura na Marea para "inverter a tendencia dos malos xestores" - Praza Pública". Praza Pública. Consultado o 2016-08-08. 
  5. "El magistrado Luis Villares, candidato de En Marea a la Xunta con un apoyo del 87% en las primarias - RTVE.es" (en castelán). 2016-08-19. Consultado o 2016-08-19. 
  6. "Resultados Electorales en Galicia: Elecciones Autonómicas 2016". El País (en castelán). Consultado o 2016-09-27. 
  7. "La candidatura de Luis Villares gana las primarias de En Marea con el 59% de los votos". eldiario.es (en castelán). 24 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  8. "Las primarias de En Marea acaban en los juzgados por denuncias de fraude". El País (en castelán). 27 de decembro de 2018. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  9. "Podemos plantea al sector crítico la ruptura de En Marea". El País (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  10. Europa Press, ed. (8 de xaneiro de 2019). "Podemos Galicia ofrece a EU, Anova y las mareas locales abrir un "diálogo" fuera de En Marea" (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  11. "Villares discrepa de los críticos de Podemos y dice que En Marea es "un proxecto con moito futuro"". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xaneiro de 2019. Consultado o 23 de xaneiro de 2019. 
  12. Cadena SER, ed. (2 de setembro de 2019). "Nace 'Grupo Común da Esquerda' para olvidar la fallida En Marea" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  13. Galicia Press, ed. (3 de setembro de 2019). "Grupo Común da Esquerda es la nueva marca de Podemos Galicia, ANOVA y Esquerda Unida" (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  14. "Aprueban la coalición En Común, marca de Unidas Podemos en Galicia". Diario de Ferrol (en castelán). 20 de marzo de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  15. "En Común: la marca de Podemos e IU en Galicia para las elecciones generales". eldiario.es (en castelán). 23 de marzo de 2019. Consultado o 3 de setembro de 2019. 
  16. "Grupo Confederal de Unidas Podemos-En Común Podem-Galicia en Común: el nombre interminable del grupo parlamentario de Podemos en el Congreso". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 2019. Consultado o 12 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar