Luís Quinteiro Fiúza

Bispo da diocese de Tui-Vigo

Luís Quinteiro Fiúza, nado en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947, é un relixioso católico galego, dende o ano 2010 bispo da diocese de Tui-Vigo.[1]

Luís Quinteiro Fiúza
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1947 en Sabrexo, Vila de Cruces
Alma máterUniversidade Pontificia de Comillas
Universidade Pontificia Gregoriana
Ordes
Ordenación sacerdotal27 de xuño de 1971
Consagración episcopal19 de xullo de 1999, por Julián Barrio
Bispo de Tui-Vigo
2010 - actualidade
PredecesorXosé Diéguez Reboredo
Cargos anterioresBispo de Ourense (2002-2010)
Bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002)
Outros

Escudo de Luís Quinteiro Fiúza
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Luís Quinteiro Fiúza naceu en Sabrexo (Vila de Cruces) o 26 de xuño de 1947.

Realizou os seus estudos eclesiásticos no seminario de Santiago de Compostela, a Universidade Pontificia de Comillas, a Universidade Pontificia Gregoriana de Roma e o Instituto de Teoloxía de Múnic. Licenciouse en Teoloxía e Filosofía, e doutorouse en Filosofía pola Universidade Pontificia Gregoriana de Roma.

Foi formador do seminario menor de Santiago, coadxutor da parroquia de San Xoán Apóstolo de Santiago, capelán das Rvdas. Relixiosas Calasancias de Santiago e profesor do Instituto Teolóxico Compostelán.

Ocupou os cargos de director do Burgo das Nacións (da USC), director do Instituto Teolóxico Compostelán, reitor do seminario maior de Santiago de Compostela, deán da S.A.M.I. Catedral de Santiago de Compostela, vigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela e bispo auxiliar de Santiago de Compostela (1999-2002).

Foi nomeado bispo da diocese de Ourense o 22 de setembro de 2002, e bispo da diocese de Tui-Vigo o 28 de xaneiro de 2010.[1]

Obra editar

  • El realismo trascendental de J. I. de Alcorta. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1987. 
  • Jesucristo ayer, hoy y siempre. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2001. 
  • Repensar la metafísica: desde el realismo trascendental de J. I. de Alcorta. Instituto Teolóxico Compostelán. 2002. 
  • ¡Llévame! Take me!: las flechas amarillas te conducen a Compostela, este libro quiere caminar contigo. 2003. 

Cartas pastorais editar

  • La eucaristía, fuente de vida eclesial: carta pastoral del Obispo de Ourense. Bispado de Ourense. 2006. 
  • El obispo Rosendo Salvador Rotea, apóstol del Evangelio en Australia y desde Australia: carta pastoral. Bispado de Tui-Vigo. 2014. 

Sucesión apostólica editar

Artigo principal: Sucesión apostólica.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Biografía do bispo de Tui-Vigo". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de marzo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Carlos Osoro Sierra
 
 
Bispo de Ourense
 
2002 - 2010
Sucesor:
Leonardo Lemos Montanet
Predecesor:
Xosé Diéguez Reboredo
 
 
Bispo de Tui-Vigo
 
2010 - actualidade
Sucesor:
no cargo