Luís Frade

sindicalista e político galego

Luís Frade Pazos, nado en Bendoiro (Lalín) o 10 de decembro de 1894 e finado en Tenorio o 9 de novembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaLuís Frade

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Luis Frade Pazos Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de decembro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Bendoiro, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de novembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Tenorio, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Lalín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Luís Frade nace en Bendoiro en 1894. Logo do seu matrimonio con Rogelia Sanmartín trasládase a Fondevila na parroquia de Donsión. Foi un dos fundadores da Sociedade Obreira de Ponte-Nova, da que é elixido vicepresidente en xaneiro de 1931.

Preséntase ás eleccións municipais na candidatura encabezada por Manuel Ferreiro, sendo elixido concelleiro e nomeado 2º procurador-síndico. É un dos edís mais activos da corporación republicana, presentando diversas mocións que intentan solucionar os problemas agrarios (cuestión foral, creación de granxas agrícolas experimentais, prohibición da importación de carne do estranxeiro, contra o Tratado do Uruguai) e contra o caciquismo (denuncias aos médicos que non atenden a pobres).

Cesa como concelleiro en agosto de 1934 ao ser destituída a corporación republicana por unha afín ao Partido Radical. Reposto novamente en febreiro de 1936, é o único edil que permanece na Comisión Xestora nomeada polo Gobernador civil do 11 de abril de 1936, sendo elixido 2º tenente de alcalde.

Luís Frade, que fora nomeado en marzo recadador municipal, e é quen se ocupa na práctica da dirección do Concello en estreita colaboración con Manuel Ferreiro, agora no cargo de Secretario Municipal, xa que o alcalde Xesús Golmar que desempeñaba o cargo de mestre en Méixome e o primeiro tenente de alcalde Manuel Diéguez Varela tamén mestre con escola na Ribeiriña (Carballedo), non podían asistir regularmente á casa consistorial.

O día anterior ao golpe de estado foi elixido Presidente da colocación obreira de Lalín en representación da Sociedad La Fraternidad de Donsión encadrada na UXT. O 19 de xullo vai a Pontevedra con Ferreiro e os outros alcaldes da Comarca de Deza para recibir instrucións do Gobernador civil. Ao día seguinte permanece á fronte do Concello mentres unha expedición marcha á capital para intentar deter aos militares. Aínda está presente no último pleno municipal que se celebra o día 21.

Non foi detido de inmediato, senón que as novas autoridades chantaxeárono indicándolle que se pagaba unha débeda que tiña co Concello como recadador, non sería molestado. Frade conseguiu en outubro un préstamo co que abonou as 5.100 pesetas que lle reclamaban, pero isto non o salvou da detención. A pesar das advertencias, negouse a esconderse ou a fuxir, alegando que non cometera ningún delito. Detéñeno o 27 de outubro e intérnano na Prisión de Lalín. O 4 de novembro foi trasladado xunto con outros 38 detidos á Illa de San Simón, de onde o sacan cinco días despois para asasinalo en Tenorio.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar