Louis Kahn

arquitecto estadounidense

Louis Isadore Kahn, nado na illa de Saaremaa (Estonia) o 20 de febreiro de 1901 e finado en Nova York o 17 de marzo de 1974, foi un arquitecto estadounidense de orixe estonia. Traballou en Filadelfia, onde foi profesor na Universidade Yale.

Infotaula de personaLouis Kahn

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Louis Isadore Kahn Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Itze-Leib Schmuilowsky Editar o valor em Wikidata
20 de febreiro de 1901 Editar o valor em Wikidata
Kuressaare (Imperio Ruso) Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 1974 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Pennsylvania Station, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América (1914–)
Estados Unidos de América
Imperio Ruso
Estonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Universidade Yale Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , deseñador , mestre , pintor , profesor universitario , filósofo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Zantzinger, Borie & Medary (en) Traducir
Universidade de Pensilvania Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosBernard Huet (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FillosNathaniel Kahn Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 561 Editar o valor em Wikidata
Instituto Salk, La Jolla.

Biografía editar

 
Parlamento de Bangladesh (2014)

Aos catro anos a súa familia emigrou aos Estados Unidos, temendo que o seu pai fose recrutado polo exército durante a guerra ruso-xaponesa. Louis Kahn criouse en Filadelfia e adquiriu a nacionalidade norteamericana o 15 de maio de 1914.

Foi educado nunha rigorosa tradición Beaux-Arts, coa súa énfase no debuxo, na Universidade de Pensilvania. Logo de graduarse en 1924, Kahn viaxou por Europa e instalouse na cidade medieval amurallada de Carcasona, no canto de quedar nos berces do clasicismo ou do modernismo. En 1925-1926 Kahn foi deseñador xefe da Exposición do sesquicentenario. A partir de 1947 ensinou durante unha década na Universidade Yale, na que a súa influencia era enorme. Posteriormente trasladouse á Universidade de Pensilvania. Entre os seus alumnos atópanse Moshe Safdie e Robert Venturi.

Morreu dun ataque ao corazón nos servizos da estación de Pensilvania de Nova York. Acababa de regresar dunha viaxe de traballo na India.

Kahn sempre se involucrou profundamente en todos os seus traballos. Reinterpretou o estilo internacional de xeito pouco convencional, inspirándose a miúdo na arquitectura antiga. Os seus traballos reflicten o seu interese pola luz e os materiais. Isamu Noguchi referiuse a el como "un filósofo entre arquitectos".

Kahn tivo tres familias con tres mulleres diferentes: a súa esposa Esther, a súa compañeira de traballo Anne Tyng, e con Harriet Pattison. O seu fillo con esta última, Nathaniel Kahn, retratou a vida do arquitecto nun documental titulado "O meu arquitecto: a viaxe dun fillo", que foi nomeado ao Oscar en 2003. Nel participaron arquitectos de renome como B.V.Doshi, Frank Gehry, Philip Johnson, I. M. Pei, e Robert Stern, pero tamén mostra as súas complexas relacións familiares, así como as infrecuentes circunstancias da súa morte.

Non lle unía ningún parentesco co seu colega e compatriota Albert Kahn.

Obras principais editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar