Louis Jean Marie Daubenton

Louis-Jean-Marie D’Aubenton (máis coñecido, simplemente, como Daubenton), nado en Montbard, ducado de Borgoña, o 29 de maio de 1716, e finado en París, o 31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800, foi un médico, anatomista, mineraloxista e naturalista francés.

Louis-Jean-Marie-Daubenton
AlcumeDaubenton
Nacemento29 de maio de 1716
Lugar de nacementoMontbard, ducado de Borgoña
Falecemento31 de decembro de 1799, ou o 1 de xaneiro de 1800
Lugar de falecementoParís
Causaapoplexía
Nacionalidadefrancesa
Alma máterUniversidade de Reims
Ocupaciónmédico, anatomista, mineraloxista e naturalista
CónxuxeMarguerite Daubenton
IrmánsPierre Daubenton
EstudosAnatomía, Medicina
CargosColaborador da Encyclopédie, membro do Colexio de Francia, membro da Academia de Ciencias de Francia, director do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, senador de Francia
PremiosMembro da Royal Society
editar datos en Wikidata ]
Gravado cun retrato de Louis Daubenton, de Adrien Feart.
Monumento a Daubenton, no Parc Buffon de Montbard.

Traxectoria editar

Daubenton foi enviado a polo seu pai a París para estudar teoloxía, pero seguiu en segredo cursos de medicina e anatomía.

En 1739, tres anos despois da morte de seu pai, Daubenton instalouse en Reims, en cuxa univesidade doutorouse en medicina en 1741. Despois de obter este grao, volveu á súa cidade natal para exercer a profesión de médico.

Na mesma época, Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon, tamén nacido en Montbard e amigo da infancia de Daubenton, chamouno para traballar con el no Xardín do Rei de París, para que o axudara nas tarefas de disección e estudos anatómicos. Daubenton e Buffon traballaron xuntos durante dez anos na Historia natural dos animais.[1]

Daubenton describiu cerca de 200 especies de cuadrúpedes, cunha precisión sen precedentes. Este traballo foi considerado o punto de partida da moderna anatomía comparada.[1]

Daubenton foi un dos primeiros naturalistas en aplicar a anatomía comparada ás especies fósiles, refutando así a suposta existencia de xigantes.

En 1778 Daubenton pasou a ser profesor de historia natural no Colexio de Francia. En 1783, era profesor de economía rural no Colegio d'Alfort e, en 1795, impartiu clases na Escola Normal Superior de París.[1]

Foi elixido membro da Academia de Ciencias de Francia, para a que redactou un gran número de memorias. Escribiu tamén diversos artigos para a Encyclopédie.

Coa Revolución francesa o Gabinete do Rei converteuse no Museo Nacional de Historia Natural de Francia, e Daubenton no seu primeiro director.

Atribúese a Dabubento a naturalización de ovellas españolas en Francia, e publicou varios libros sobre como criar estes animais.[1]

Como médico, recomendou as pílulas de ipecacuaña, que se chamaron na época pílulas de Daubenton.[1]

En decembro de 1799 Daubenton foi elixido membro do Senado, pero morreu pouco despois a causa dunha crise de apoplexía.

Filosofía natural editar

Ao igual que Buffon, Daubenton desconfiaba do carácter obxectivo da sistemática, especialmente da linneana, e defendía construíla a partir da organización completa dos animais e non de certos caracteres.

Pero a diferenza de Buffon, rexeitaba o gradualismo na escala dos seres e mantiña unha visión da xerarquía animal moito máis estática. O seu concepto de especie, fundamentado na constancia dos caracteres morfolóxicos, era tipolóxico.

De aí tamén que a anatomía comparada xogase na súa obra un papel moito máis fundamental que na de Buffon.

Obra principal editar

  • Instruction pour les bergers et pour les propriétaires de troupeaux (1782).

Honores editar

Eponimia editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar