Louis Henri Loison

Louis Henri Loison, nado en Damvilliers, Meuse, o 16 de maio de 1771 e finado en Chikel, cerca de Liexa, o 30 de decembro de 1816, foi un xeneral francés do Primeiro Imperio francés.

Louis Henri Loison
Nacemento16 de maio de 1771
Lugar de nacementoDamvillers
Falecemento30 de decembro de 1816
Lugar de falecementoLiexa
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise, Chokier e Grave of Loison
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónoficial e militar
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Knight of the Royal and Military Order of Saint Louis e Nomes inscritos no Arco do Triunfo
editar datos en Wikidata ]
Louis Henri Loison.

Biografía militar editar

Aínda mozo enrolouse no batallón auxiliar das colonias en 1787, abandonándoo en setembro, mais reengachouse a comezos de 1788.

En plena revolución, Loison, como subtenente, entra o 15 de setembro de 1791, nun batallón de voluntarios do departamento da Meuse, obtendo o ano seguinte o grao de tenente.

Algúns meses despois foi nomeado capitán de húsares na lexión do Norte; os seus méritos lévano a que en maio de 1793, sexa ascendido a axudante-xeneral xefe de brigada provisorio. Pouco tempo logo foille confirmado o novo grao, e o Comité de Saúde Pública (Comité de salut public) outórgalle o despacho de xeneral de brigada no exército do Rin e Mosela.

A rapidez do seu ascenso, á parte do seu talento militar e valentía, comportou críticas que o acusaban de interesado, falta e humanidade e carencia de carácter. Mesmo os compañeiros de armas confesaran que non se movía só pola avidez de fama. A toma e a devastación da abadía de Orval, no Gran Ducado de Luxemburgo, conducírono perante un tribunal, do que foi salvado por un comisario da Convención, que o reintegrou nas funcións militares.

Con Napoleón editar

No ano IV, serviu ás ordes do xeneral Napoleón Bonaparte, sendo encargado de presidir o tribunal que xulgaría os xefes da insurrección dese ano.

No ano VII, estivo ás ordes de Masséna en Suíza, mentres no ano VIII seguiu a Bonaparte en Italia. Distinguiuse aí nos combates de Cerezola, Pozzolo, Parona e Colorgnoli. A súa actuación no paso de Brenta, onde abriu camiño ao exército, confirmaron a súa reputación militar. No ano seguinte obtivo un retiro, e volveu ao seu fogar. No ano XII, foi nomeado membro da Lexión de Honor.

No ano XIV, serviu na campaña de Alemaña, sinalándose en Guntzburg, Elchingen, e en Luetash. Tomou Scharnitz. Logo da batalla de Austerlitz, o xeneral Loison foi nomeado grande aguia da Lexión de Honor, pola valentía que mostrara no combate,

Na Guerra Peninsular editar

En 1808, realizou a campaña de España e Portugal con Junot e Soult; en 1809, pasou a mandar a primeira división do exército de reserva de España. Os portugueses alcuñárono "Maneta" (perdera o brazo esquerdo en 1806, nun accidente de caza). Ao tempo recibiu o título de conde cunha dotación de 25.000 francos de renda sobre os dominios de Gilhorm e de Meinersen, sitos en Hanovre.

Destinado na Grande Armée, o 24 de maio de 1812, foille encargado, durante a campaña de Rusia, organizar en Koenigsberg, unha división de 10.000 homes, presta para entrar en campaña.

Mais o emperador, ordenou o seu arresto, por non estar á cabeza da súa división, cando aquel chegou ante Vilna, o que na opinión do corso fora a causa da perda das tropas que a compuñan.

Na Restauración editar

Lois XVIII nomeouno cabaleiro da orde de San Luís e máis comandante da 5ª división.

Loison foi licenciado o 15 de novembro de 1815. O seu nome está inscrito no arco de triunfo de l'Étoile, en París, no seu lado Oeste.