Los Angeles Memorial Coliseum

Coordenadas: 34°00′51″N 118°17′16″O / 34.014167, -118.287778

O Los Angeles Memorial Coliseum é un estadio deportivo situado na veciñanza de Exposition Park da cidade dos Ánxeles (California). O recinto serve como estadio local do equipo de fútbol americano da Universidade de Southern California (USC), os Trojans, e temporalmente dos Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio xa fora sede dos Rams entre 1946 e 1979, antes da marcha do equipo a Anaheim. O recinto conta capacidade para 93.607 espectadores, facéndoo o estadio que pode albergar un maior número de espectadores da Pac-12 Conference da NCAA.

Los Angeles Memorial Coliseum
Datos
Localización Os Ánxeles (Estados Unidos)
AlcumeThe Grand Old Lady
Construción
Construción21 de decembro de 1921
Inauguración1 de maio de 1923
Renovación1930, 1964, 1977-78, 1983, 1993, 1995, 2011, 2017-2019
ArquitectoJohn e Donald Parkinson
Custo$954.872,98
Estadio
SuperficieCéspede natural
Dimensións115 × 75 yd / 105 × 69
Capacidade77.500
PropietarioEstado de California
Condado dos Ánxeles
Cidade dos Ánxeles
OperaradoraUniversity of Southern California
LocalíaUSC Trojans (NCAA)
Eventos
Xogos Olímpicos de 1932
Super Bowl I (1967)
Super Bowl VII (1973)
Xogos Olímpicos de 1984

Historia editar

O Memorial Coliseum, comezado a construír o 21 de decembro de 1921 e inaugurado o 1 de maio de 1923, foi o primeiro estadio en albergar dúas edicións dos Xogos Olímpicos, os de 1932 e 1984 celebrados nos Ánxeles, acollendo as cerimonias de apertura e clausura e as probas de atletismo.[1] Ademais, é candidato a albergar os xogos de 2024.[2] Tamén foi o escenario de dúas Super Bowls, a primeira da historia en 1967, gañada polos Green Bay Packers aos Kansas City Chiefs (35−10), e a sétima en 1973, onde gañaron os Miami Dolphins aos Washington Redskins (14−7).[3]

O Coliseum tamén foi o fogar de varios equipos profesionais de fútbol americano e béisbol: Os Dodgers entre 1958 e 1961 (campións da MLB en 1959), os Rams entre 1946 e 1979 e a partir de 2016 (campións da NFL en 1951), os Chargers en 1960, e os Raiders entre 1982 e 1994 (campións da NFL en 1984). En 2016 os Rams volverán a xogar no Coliseum mentrés se constrúe o novo estadio da franquía. Dende 1923 até a actualidade no estadio xoga os seus encontros como local o equipo de fútbol americano da Universidade do Sur de California, o USC Trojans, once veces campión nacional da NCAA. Entre 1933 e 1981 tamén foi o fogar do máximo rival do USC Trojans, o UCLA Bruins, que dende 1982 xoga no Rose Bowl de Pasadena.

Notas editar

  1. [1]
  2. "Los Angeles 2024 Olympic Bid". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  3. NFL History - Super Bowl Winners

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar