Lorca Fútbol Club

O Lorca Fútbol Club é un club de fútbol español da cidade de Lorca (Rexión de Murcia). Fundado en 2003, actualmente xoga na Liga 1|2|3, logo de ascender por primeira vez na historia na tempada 2016-17.

Lorca FC
NomeLorca Fútbol Club
Fundación2003 (21 anos)
EstadioEstadio Francisco Artés Carrasco,
Lorca, España
Inauguración2003
Capacidade8.120
PresidenteEspaña Luis Jiménez Moya
AdestradorGalicia David Vidal
LigaSegunda División
2016–17 (2ªB – Grupo 4)
Na rede
http://www.lorcafc.com/
Titular
Alternativo

Historia editar

O club fundouse no verán de 2003 na pedanía de La Hoya (Lorca), da man de Pedro Rosell co nome de La Hoya Deportiva. Comezou a súa traxectoria na Primeira Territorial, onde xogou catro tempadas ata que en 2007 acaba en terceira posición e consegue o ascenso a Territorial Preferente. Despois de tres anos nesta categoría, na tempada 2009-10 proclámase campión e ascende a Terceira División.

En 2010 cambia o seu nome polo de La Hoya Lorca Club de Fútbol e xa supera tanto en número de abonados como en asistencia ao estadio ao primeiro equipo da cidade, o Lorca Atlético, que xoga en Segunda División B. Na tempada do seu debut na categoría, o equipo acaba sétimo. Na seguinte, por mor de obras de reforma no campo de Los Tollos, o equipo trasládase de xeito temporal ao Estadio Francisco Artés Carrasco. Naquela tempada o equipo acaba en cuarta posición e xoga a promoción de ascenso a Segunda B, onde supera na primeira eliminatoria ao Díter Zafra pero cae na segunda contra o Catarroja CF. A terceira tempada en Terceira comeza co traslado definitivo ao Estadio Francisco Artés Carrasco, pola probable desaparición do Lorca Atlético. Aquela tempada o equipo proclámase campión do seu grupo e consegue o ascenso de categoría logo de superar ao Penya Esportiva.

Na tempada 2013-14, no seu debut en Segunda B, o equipo acaba en segunda posición e xoga o play-off de ascenso a Segunda División. Na primeira eliminatoria superou ao Las Palmas Atlético pero caeu na segunda contra o CE L'Hospitalet. A seguinte tempada é máis complicada para o equipo, que certifica a salvación na penúltima xornada e acaba no posto 13. Na tempada 2015-16, o empresario chinés e exfutbolista Xu Genbao compra o equipo co obxectivo de ascender á división de prata do fútbol español. Naquela tempada o Lorca FC acaba na sexta posición.

Na tempada 2016-17, Xu Gembao adquire o 100% das accións do club e transfórmase en sociedade anónima deportiva co nome de Lorca Fútbol Club S.A.D.. Malia o mal comezo de tempada, o equipo proclámase campión do grupo 4 na penúltima xornada. O seu rival na eliminatoria de ascenso de campións foi o Albacete Balompié. O resultado no partido de ida no estadio Carlos Belmonte foi de empate a 1, mentres que na volta serviulle o empate a 0 para subir por primeira vez na súa historia á Segunda División.

Uniforme editar

  • Uniforme titular: Camiseta azul, pantalón azul, medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branco, pantalón branco, medias brancas.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 1
  • Tempadas en 2ª B: 5 (incluída a 2018-19)
  • Tempadas en : 3

Historial na liga editar

Tempada Categoría Posto
2003/04 1ª Territorial 13º
2004/05 1ª Territorial
2005/06 1ª Territorial
2006/07 1ª Territorial
2007/08 Terr. Preferente 10º
2008/09 Terr. Preferente 15º
2009/10 Terr. Preferente
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14 2ªB
2014/15 2ªB 13º
2015/16 2ªB
2016/17 2ªB

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar