A lonxevidade e a duración da vida son conceptos relacionados coa bioloxía e coa evolución das células e órganos de compoñen os corpos dos seres vivos, e transformacións co transcorrer da súa vida. No caso do ser humano a lonxevidade posúe importantes conexións con aspectos demográficos da sociedade, e aspectos sociolóxicos do individuo. En xeral ten que ver coa duración de vida dun ser humano ou dun organismo biolóxico e utilízase con máis frecuencia en referencia á terceira idade ou a idade dun ser vivo, por exemplo a lonxevidade dunha árbore.

Comparación da esperanza de vida de homes e mulleres en función de países e territorios segundo foi definida no 2011 polo CIA Factbook.[1][2]

As reflexións sobre a lonxevidade adoitan ir ligadas ó recoñecemento da brevidade humana e inclúen discusións sobre métodos para estendela máis aló do límite tido como normal. O tema foi non só unha preocupación da ciencia, senón tamén da literatura de viaxes, ciencia ficción e novelas utópicas.

Existe bastante dificultade en atopar a maior duración da vida humana mesmo coas modernas técnicas estandarizadas de verificación, debido a datas de nacemento inexactas ou incompletas. Múltiples lendas nas diferentes culturas e contextos relixiosos pretenderon extraordinarias lonxevidades, tanto no pasado, como a de Metuxalén na Biblia, como no futuro.[3]

Esperanza de vida editar

A esperanza de vida é a media da cantidade de anos que vive unha certa poboación nun certo período.

Adóitase dividir en masculina e feminina, e vese influenciada por factores como a calidade da medicina, a hixiene, as guerras, etc, aínda que actualmente adóitase referir unicamente ás persoas que teñen unha morte non violenta. A esperanza de vida como indicador social é empregado polos sociólogos para medir o grao de desenvolvemento dun país, pero os datos poden ser relativos en tal sentido porque poden ser alterados por guerras, epidemias, violencia e outros fenómenos diferentes ós indicadores económicos. En moitos casos persoas de países subdesenvolvidos ou en vías de desenvolvemento ou de culturas naturais poden ter unha gran lonxevidade que contradi o suposto de que a maior desenvolvemento, maior esperanza de vida.

As persoas máis lonxevas do mundo editar

 
Yvonne Calment, filla.

Persoas que exceden os cen anos non son só do interese científico, senón tamén do público en xeral interesado en alargar de maneira saudable os seus anos de vida. A seguinte é unha lista das persoas rexistradas na idade contemporánea que excederon máis de cen anos de vida.

O Grupo Xerontolóxico de Investigación, fundado entre 1990 e 1992 nos Ánxeles, busca persoas que superen os 110 anos de idade e incluíu o nome das seguintes persoas:

  • Jeanne Calment (1875-1997): É a persoa da contemporaneidade cientificamente documentada que viviu exactamente 122 anos e 164 días.
  • Jirōemon Kimura (1897-2013): O home máis lonxevo verificado da historia viviu 116 anos e 54 días.

Notas editar

  1. CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Life expectancy at birth, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 
  2. CIA World Factbook, ed. (n.d.). "Field Listing: Population, Country Comparison to the World". US Central Intelligence Agency. Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2011. 
  3. "Foron, pois, os anos de Metuxalén, novecentos sesenta e nove anos; e morreu".

Véxase tamén editar

Bibliografía editar