A lontra mariña (Enhydra lutris) é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos mustélidos. É a única especie existente do xénero Enhydra. Habita no Pacífico Norte, dende o norte do Xapón até Baixa California, en México. Os adultos desta especie pesan entre 14 e 45 quilogramos, sendo o máis pesado dos ​​mustélidos, e ó mesmo tempo, un dos máis pequenos mamíferos mariños. A diferenza doutros mamíferos mariños, esta especie ten como principal forma de illamento unha capa de pelaxe moi grosa, a máis densa de tódolos mamíferos. Malia que pode saír a terra firme, a lontra mariña vive case exclusivamente no mar. Habita preto das costas onde se mergulla até o leito mariño para facerse con comida. Aliméntase principalmente de invertebrados mariños como ourizos, moluscos, crustáceos e algúns peixes. Os seus costumes alimenticios son notables en varios aspectos. En primeiro lugar, o emprego de rochas para abrir as carapas dalgunhas das súas presas convérteo nun dos poucos mamíferos que usa ferramentas. Por outro banda, na meirande parte da súa área de distribución, é unha especie chave polo control que exerce sobre a poboación de ourizos de mar, os cales doutro xeito ocasionarían un dano extenso nos ecosistemas de bosques de algas mariñas. A súa dieta inclúe peixes de valor comercial para a industria pesqueira, propiciando un conflito entre as lontras mariñas e os pescadores.

Lontra mariña

Enhydra lutris
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnivora
Suborde: Caniformia
Familia: Mustelidae
Subfamilia: Lutrinae
Xénero: Enhydra
Fleming, 1828
Especie: E. lutris
Nome binomial
Enhydra lutris
(Linnaeus, 1758)
Distribución da lontra mariña
Distribución da lontra mariña

Distribución da lontra mariña

A poboación da especie, cuxo número orixinal roldaba entre os 150 000 e os 300 000 animais, foi cazada intensamente, por mor da súa pel, entre 1741 e 1911, até reducirse nun momento dado soamente a 1000 ou 2000 exemplares. Unha prohibición internacional da súa caza, esforzos de conservación e programas de reintrodución contribuíron ó aumento da poboación. Malia isto, a especie ocupa aproximadamente unha terceira parte da súa área de distribución orixinal. A recuperación da lontra mariña considérase un fito importante na conservación mariña, pero a poboación das illas Aleutianas e de California recentemente diminuíu ou tense estancado no seu crecemento.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.