Long Island é unha illa do estado de Nova York. A superficie da illa é de 3.567 km² (1.377 millas cadradas), e é a máis grande dos Estados Unidos continentais. Long Island alberga dous distritos da Cidade de Nova York, Brooklyn e Queens, na súa parte máis occidental. Na parte oposta están os condados de Nassau e Suffolk.

Long Island
Paumanok
Mapa da illa de Long island
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoNova York Nova York
MarOcéano Atlántico
Coordenadas40°48′N 73°18′O / 40.800, -73.300Coordenadas: 40°48′N 73°18′O / 40.800, -73.300
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie3.630 km²
Longura máxima190 km.
Largura máxima32 km.
Punto máis alto122´2 m. Jayne's Hill (High Hill)
Demografía
CapitalBrooklyn
Poboación7.838.722 (2015)
Densidade2.160´28 hab./km²

Xeografía e clima editar

 
Os condados de Long Island.

A illa está separada dos estados de Connecticut e Rhode Island pola canle de Long Island Sound. Ao sur limita coas baías de Great South Bay, South Oyster Bay, e Xamaica Bay, que son en realidade lagoas, e está protexida do océano Atlántico por unha barreira de estreitas illas en cadea, a máis notable das cales sexa, posiblemente, Fire Island.

Ao oeste, Brooklyn e Queens están separadas de Manhattan e do Bronx polo East River, e de Staten Island e de Nova Jersey polas augas do Upper New York Bay, unha porción do New York Harbor.

Long Island pódese considerar a fronteira xeográfica entre o océano Atlántico e Nova Inglaterra.

Long Island ten veráns quentes e húmidos, e invernos fríos. A neve cae cada inverno, e en moitos invernos unha ou máis tormentas intensas, chamadas Nor'easaters, producen xistras que traen nevadas de 30-60 centímetros e ventos tempestuosos.

De feito, a illa é algo vulnerable aos furacáns. A illa foi golpeada por dúas tormentas categoría 3 en 1938 (furacán Nova Inglaterra de 1938) e 1944, furacán Donna en 1960, furacán Belle en 1976, furacán Gloria en 1985, furacán Bob en 1991 (que varreu a punta oriental), e furacán Floyd en 1999.

Demografía editar

Segundo o Censo 2000 dos Estados Unidos, a poboación total dos catro condados de Long Island era de 7 448 618 persoas. A porción correspondente á Cidade de Nova York do censo era de 4 694 705, coa poboación de Brooklyn en 2 465 326 e Queens en 2 229 379 residentes. A poboación combinada dos condados de Nassau e de Suffolk era de 2 753 913 persoas.

Long Island ten unha presenza italoamericana substancial, da orde do 28,8% da poboación de Suffolk e o 23,9% de Nassau en data o censo 2000. 939.316 afroamericanos de Brooklyn explican o 38,1% dos residentes do condado de Kings. No condado de Queens, a poboación afroamericana é de 486.197, o 21,8% da poboación. Mentres que a porcentaxe inferior ao 10% dos residentes de Nassau e de Suffolk, concéntrase en zonas concretas ao longo de todo a área, principalmente en Hempstead, en Roosevelt, Freeport e Uniondale.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar