A illa de Lombok pertence á provincia indonesia de Nusa Tenggara Barat, situada entre as illas de Balí e Sumbawa. Con 4,725 km² de extensión e unha poboación de 3.166.789 habitantes segundo o censo de (2010),[1][2][3][4] nela atópase Mataram, capital e cidade máis grande da provincia.

Lombok
Pulau Lombok
Localización da illa
Lombok e o Monte Rinjani vistos desde o espazo, maio de 1992
Situación
País Indonesia
ArquipélagoIllas menores da Sonda
MarMar de Balí, océano Índico
Coordenadas8°33′54″S 116°21′04″L / -8.56500, -116.35111Coordenadas: 8°33′54″S 116°21′04″L / -8.56500, -116.35111
Xeografía
Superficie4.514´11 km²
Punto máis alto3.726 m. Rinjani
Demografía
CapitalMataram (pob. 420,941)
Poboación3.166.685 hab. (2010)
Gunung Rinjani desde Gili Trawangan

Historia editar

Historicamente, a illa garda relación coas dinastías hindús da veciña Balí. En 1674 comezou a chegada de holandeses á parte oriental da illa; a finais do século XIX, aproveitando unha revolta dos sasaks, os holandeses fanse co control total de Lombok en 1894 e incorpórano ás Indias Orientais Neerlandesas.

Ecoloxía editar

Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Lombok pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía. De feito, a Liña pasa entre Lombok e a súa veciña Balí.

Turismo editar

Illa de turismo non tan masivo como a próxima Balí, en Lombok os visitantes atopan praias case desertas e paisaxes de gran beleza, como o que rodea ao estratovolcán Rinjani (3,726 m), o terceiro en altitude de Indonesia.

Notas editar

  1. "Jumlah Penduduk NTB 4,4 Juta Jiwa". Media Indonesia. 3 de setembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  2. "15 Things You Should Visit In Lombok". 2015. Consultado o 2015. 
  3. "Population of Indonesia by Province". Badan Pusat Statistik Republik Indonesia (Statistics Indonesia). 2010. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2011. 
  4. Thomas Brinkhoff (18 de febreiro de 2012). "INDONESIA: Urban City Population". City Population. Thomas Brinkhoff. Consultado o 16 de agosto de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar