Os Lobótidos (Lobotidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por mares tropicais (India, Nova Guinea, Mediterráneo).

Lobotes surinamensis

Características editar

Poden alcanzar unha lonxitude máxima de 1 m, cunha cabeza triangular. O trazo característico é a aleta caudal redondeada e a dorsal e anal tamén redondeadas na parte posterior, o que dá unha imaxe de ter unha cola tripla. O nome vén do grego lobos, "lobo da orella", polo aspecto lobulado da parte posterior.

Aleta dorsal cunha primeira parte con 11-12 espiñas e unha segunda con 14-16 radios brandos; anal con 3 espiñas e 11 radios brandos; pectorais pequenas; pelvianas cunha espiña, anterior e ben aparente.

Clasificación editar

Só contén un xénero, con dúas especies:

  • Lobotes pacificus (Gilbert en Jordan e Evermann, 1898)
  • Lobotes surinamensis (Bloch, 1790)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar