Lloyd Ruby

piloto de carreiras estadounidense

Lloyd Ruby, nado en Wichita Falls (Texas) o 12 de xaneiro de 1928 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 2009[1] foi un piloto de automobilismo estadounidense.

Infotaula de personaLloyd Ruby
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Wichita Falls, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Wichita Falls, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de automobilismo Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 35222957 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Ruby competiu na serie USAC Championship Car nas tempadas de 1958-1977, comezou 177 carreiras, incluíndo as 500 Millas de Indianápolis de 1960 a 1977. Logrou finalizar 88 veces no top ten e 7 vitorias. O seu mellor resultado na Indy foi terceiro en 1964. En 1966 liderou a Indy 500 durante 68 voltas.

Ruby tamén logrou vitorias nas carreiras de resistencia nas 24 horas de Daytona (1965-1966), ambas veces asociado con Ken Miles. Ruby e Miles se uniron para gañar as 12 Horas de Sebring de 1966 e o World Sportscar Championship de 1966. Ruby tiña pensado pilotar nas 24 Horas de Le Mans, pero viuse obrigado a retirarse debido a lesións na columna que sufriu nun accidente aéreo.[2] Un ano máis tarde, uniuse a Denny Hulme nun Ford GT 40 Mk IV para as 24 Horas de Le Mans de 1967. Ruby desempeñou un papel clave no programa GT40 da Ford Motor Company a mediados dos anos 60. Tamén participou no Gran Premio dos Estados Unidos de 1961.

500 Millas de Indianápolis editar

A pesar dunha carreira chea de éxitos, Ruby é probablemente o máis recordado polas súas moitas desgrazas nas 500 Millas de Indianápolis. A súa biografía, escrita por Ted Buss no 2000, titulouse: "Lloyd Ruby: The Greatest Driver Never to Win the Indy 500". Ruby liderou a carreira en cinco anos diferentes, por un total de 126 voltas. Con todo, o seu mellor final en Indianápolis foi só terceiro en 1964. O seu outro top cinco na Indy foi en 1968. En 1991 incorporárono ao Auto Racing Hall of Fame.

Quizais a loita máis dura de Ruby contra a mala sorte na Indy foi en 1969. Co líder da carreira Mario Andretti experimentando problemas de quecemento, Ruby estaba en boa posición para lograr unha vitoria. Durante unha parada en boxes a media carreira, un membro do equipo indicou a Ruby para que saíse demasiado pronto. O boquerel de recarga aínda estaba enganchado no tanque na aleta esquerda do automóbil, e cando Ruby soltou o embrague, o coche saíu disparado. A boquilla rompeu e fixo un buraco no tanque de gasolina, terminando acarreira de Ruby.

Morte editar

Morreu no 2009 aos 81 anos na súa cidade natal de Wichita Falls, Texas.[3]

Resultados nas 500 Millas de Indianápolis editar

  • Ruby ten tres dos mellores dez top ten de cinco carreiras na década de 1960

Resumo das carreiras no Campionato do Mundo editar

As 500 Millas de Indianápolis formaron parte do Campionato do Mundo da FIA entre 1950 e 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos lograron puntos e participaron no Campionato do Mundo. Lloyd Ruby participou en 2 carreiras do campionato mundial: as 500 Millas de Indianápolis de 1960 e o Gran Premio dos Estados Unidos de 1961. Non logrou puntos de campionato.

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
1960 J C Agajanian Watson Offenhauser 4 en liña ARX
MON
500
7
NED
BEL
FRA
GBR
POR
ITA
USA
NC 0
1961 J Frank Harrison Lotus 18 Climax 4 en liña MON
NED
BEL
FRA
GBR
ALE
ITA
USA
Ret
NC 0

Notas editar

  1. Hevesi, Dennis (25 de marzo de 2009). "Lloyd Ruby, Star-Crossed Indy 500 Racer, Dies at 81". The New York Times. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  2. Baime, A, J. 2009. Go Like Hell: Ford, Ferrari and their battle for speed and glory at Le Mans. London: Bantam Books p. 309.
  3. http://www.timesrecordnews.com/news/2009/mar/24/local-racing-legend-lloyd-ruby-dead-81/

Véxase tamén editar